• 8S4M5148
  • lapa_de_gargantans_2
  • Milagros de Amil1
  • 8s4m6621
  • c.s.xusta1
  • rapa_07
  • Casa Cultura 1
  • C.Amil3
  • petroglifos de ardegán 1

31 de Maio, día mundial sen Tabaco


O 31 de maio celébrase o día Mundial sen Tabaco, co que, dende a Organización Mundial da Saúde, inténtase concienciar á poboación sobre as graves consecuencias e riscos do consumo de tabaco (enfermidades respiratorias, cancros, problemas cardiovasculares, etc.), así como promover un maior control do seu consumo, sobre todo entre a mocidade (menores de 18 anos).
Os últimos datos do Observatorio Español de drogas e das Toxicomanías (2015) reflexan unha importante redución do consumo diario de tabaco en relación a décadas pasadas. Con todo, a súa prevalencia segue sendo elevada, xa que o 30,8% da poboación consultada indica consumir diariamente tabaco (EDADES
2013). Estos datos deben facer que se continúe cos esforzos encamiñados a previr e reducir o consumo de tabaco na poboación xeral e en especial entre os menores de idade (por término medio o inicio do consumo de tabaco prodúcese ós 13,9 anos (ESTUDES 2014/15).

Por todo o antes sinalado, dende o Programa de Prevención das drogodependencias e outras condutas adictivas realízanse unha serie de accións encamiñadas a reducir o consumo de tabaco entre a poboación de Moraña e previr o consumo entre os/as menores de idade (Programa de deshabituación progresiva do
consumo de tabaco, Intervencións preventivas e de sensibilización/información sobre drogas en xeral e particularmente sobre o tabaco no ámbito escolar, familiar, xuvenil e comunitario). A través de ditas accións
preténdense acadar os seguintes obxectivos:

  • Reducir a prevalencia do consumo de tabaco no concello de Moraña.
  • Fomentar hábitos de vida saudables que inclúan o rexeitamento do consumo de tabaco por parte dos menores de idade, así como a modificación de actitudes e comportamentos permisivos da sociedade cara o seu consumo.
  • Aumentar o coñecemento sobre os riscos do consumo de tabaco.

Para acadar os obxectivos antes sinalados debemos ter en conta que a responsabilidade de reducir e previr o consumo de tabaco na poboación xeral e nos e nas menores de idade é de toda a sociedade. Polo tanto, todos e todas debemos poñer o noso gran de area fronte a esta problemática. Por iso, dende o Programa de
Prevención das drogodepedencias e outras condutas adictivas de Moraña, queremos animar a todos e todas as fumadoras e fumadores a intentar abandonar o consumo de tabaco, para o que lle ofrecemos a nosa axuda e colaboración, a través da realización gratuíta do Programa de deshabituación progresiva do consumo de tabaco.

De igual xeito, apelamos á responsabilidade da poboación en xeral e particularmente dos/as hosteleiros/as e donos/as de Estancos, recordando que está prohibida a venta, suministro e dispensación de tabaco ós menores de 18 anos (Lei 42/2010, do 30 de decembro, pola que se modifica a Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ó tabaquismo e reguladora da venta, do suministro, do consumo e da publicidade dos produtos do tabaco).
A ALCALDESA
Asdo.: Dna. María Luisa Piñeiro Arcos

Deixa unha resposta

O Tempo en Moraña

Enlaces Destacados

Recollida Selectiva e Reciclaxe Centro de Investigación e Divulgación do Patrimonio Cultural Telefonos de Interese Plan Urbanístico Novo Plan Xeral Perfil do Contratante Plan Operativo de Promoción da Saúde e Prevención de Drogodependencias Oficina Virtual do Oral Programa de Prevención e Redución do Abandono Escolar Plan Concellos DEPO 2017