Buscar...

Bando: Programa DEPO AVENTURA A LANZADA, 2017

Compartir

BANDO
DONA MARIA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA
DO CONCELLO DE MORAÑA

FAI SABER:

Que a Deputación Provincial , a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, en Colaboración Co Concello de Moraña convoca a concesión de prazas para participar no “Programa DEPO AVENTURA A LANZADA, 2017″ durante os meses de Xuño a setembro, en once quendas de sete días, dende o 25 de Xuño ata o 9 de Setembro.
REQUISITOS:
 

  • Rapaces e rapazas que teñan o seu domicilio no Concello de Moraña.
  • Que naceran entre os anos 2004 e 2009 ambos os dous incluídos.
  • Non padecer enfermidade infecto- contaxiosa en fase activa.

PREZO: 100 euros por praza.
Os membros de familia numerosa, coa correspondente acreditación terán un desconto do 20% no prezo.
As solicitudes, Xunto coa documentación correspondente, que aparece na páxina Web da Deputación (WWW.depo.es) poderán presentarse mediante formulario Web ata o día 3 DE ABRIL DE 2017, no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra. (Avda. Montero Ríos, s/n).
Para máis información poden dirixirse ás oficinas do Concello dende as 9:00 ata as 13:00 horas.
O que se fai público para xeral coñecemento.

Accesibilidade