Buscar...

Bando Campamentos e Actividades Xuvenis

Compartir

BANDO

DONA MARÍA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER:
Que a Consellería de Traballo e Benestar, ten aberto o prazo de inscripción para participar nos CAMPAMENTOS E ACTIVIDADES XUVENIS, DE 9 A 17 ANOS VERÁN 2014. Coa fin de facilitarlle á mocidade galega a participación en actividades de tempo libre ofertando un plan xeral de actividades que se desenvolverán tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas, en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración, durante os meses de xullo e agosto.
En canto á idade mínima e máxima para participar deberase ter en canta o seguinte:

  • Os/as nacidos/as no ano 1996 non poderán facer 18 anos antes da finalización do campamento.
  • Os/as nacidos/as no ano 2005 deberán ter feitos 9 anos ao inicio do campamento.

As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior 00 33 % e inferior 00 65 ‘0 poderán participar nesta convocatoria sempre que:

  • Teñan capacidade de integración nun grupo.
  • As súas limitacións e/ou necesidades especiais deben permitirlles manexarse nas instalacións do campamento que elixan e participar e beneficiarse das actividades que nel se van desenvolver (as características das instalacións de cada destino e as actividades dos distintos campamentos e quendas poderanse consultar tamén na páxina web de xuventude

 

  • Os membros de familia numerosa terán un descanto do 50% sobre os prezos.
  • Os usuarios do Carné Xove gozarán dun descanto do 25% sobre os prezos.

As solicitudes pódense descargar directamente desde a páxina web www.xuventude.net
•     O prazo de inscrición finaliza o 10 de ABRIL de 2014
Para mais información, poden dirixirse ó Servizo Social Comunitario do Concello de Moraña os días de atención ao público, luns, martes e xoves de 9 a 13 horas.
Moraña, 27 de Marzo de 2014

Accesibilidade