Buscar...

Bando Restricción do Consumo de Auga

Compartir

BANDO
DON JOSE CELA CAMIÑO, ALCALDE-PRESIDENTE EN FUNCIONS DO CONCELLO DE MORAÑA (PONTEVEDRA).
FAI SABER

Que, debido ós problemas de sequía que estamos padecendo nos derradeiros meses, e as altas temperaturas dos últimos días, apélamos á responsabilidade de tódolos Veciños e veciñas da necesidade de aforro e un consumo responsable de auga da rede de abastecemento, para evitar restricciones nos Vindeiros meses de Veran.
Por este motivo débese consumir a auga estrictamente necesaria e non malgastala, quedando limitada para usos que non sexan domésticos (rego de fincas, lavado de coches, piscinas, etc).
Rógase a colaboración de tódolos usuarios para que se faga un uso racional da auga e así poder mellorar o servicio.

Accesibilidade