Buscar...

Campamentos Polideportivos Príncipe Felipe para o ano 2017

Compartir

BANDO

DONA M* LUISA PINEIRO ARCOS, ALCALDESA PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA. INFORMA:

Que a Excelentísima Deputación Provincial de Pontevedra sacou as bases para a programación dos Campamentos Polideportivos Príncipe Felipe para o ano 2017. As persoas destinatarias deste programa serán rapaces e rapazas que teñan o seu domicilio habitual no concello no que se solicita praza e nacidos entre os anos 2003 e 2010, ambos os dous incluídos.
AS datas das quendas dos campamentos serán:

  • Primeira quenda: do 10 ao 15 de xullo
  • Segunda quenda: do 17 ao 22 de xullo
  • Terceira quenda: do 24 ao 29 de xullo
  • Cuarta quenda: do 7 ao 12 de agosto
  • Quinta quenda: do 14 ao 19 de agosto
  • Sexta quenda: do 21 ao 26 de agosto

O campamento incorpora actividades lúdicas, como saídas ao medio natural, tiro con arco, actividades acuáticas ou obradoiros.
O prezo por neno -a será de 125€ por neno- nena.
-Membros de familia numerosa ata 3 fillos- as, coa correspondente acreditación, terán un desconto do 20%.
-Membros de familia numerosa de máis de 3 fillos- as, coa correspondente acreditación, terán un desconto do 30%.
O prazo de presentación de solicitudes e documentación será ata o día 21 de abril de 2017, no Rexistro xeral da Deputación Provincial de Pontevedra.
Para máis información poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario do Concello, en orario de 9:00 a 13:00 h.

Accesibilidade