• 8S4M5148
  • lapa_de_gargantans_2
  • Milagros de Amil1
  • 8s4m6621
  • c.s.xusta1
  • rapa_07
  • Casa Cultura 1
  • C.Amil3
  • petroglifos de ardegán 1

Recollida Selectiva e Reciclaxe


Nos últimos anos a Concellería de Medio Ambiente vén desenvolvendo campañas de sensibilización encamiñadas a unha maior concienciación da cidadanía co tema dos residuos.
É necesario que os veciños e veciñas de Moraña realicemos correctamente a clasificación dos residuos domésticos que xeramos nos nosos fogares así como o posterior depósito destes nos colectores específicos para cada tipo de residuo.
Aquí presentamos dúas guías de boas prácticas e información para que se teñan en conta nos seus fogares ou ben na súa actividade laboral.
• Guia para separar correctamente os residuos domésticos
• Mini punto Limpo e colector de aceite domestico

Na rúa, como na casa:
Non tirar lixo ao chan
(gomas de mascar, envoltorios, etc.);
depositalo nas papeleiras
ou nos colectores de residuos.

Sacar o lixo ás horas recomendadas
(das 20:00 ás 23:00 horas),
sempre en bolsas pechadas, e depositalo
dentro dos colectores.

Facer bo uso da recollida selectiva:
o vidro ao contedor de vidro,
o cartón ao contedor de cartón e papel,
os restos orgánicos
ao contedor do lixo.

Con todo isto conseguiremos unha cidade
máis limpa e agradable para todos
e sentirémonos orgullosos de vivir nela.

SABÍAS QUE…
…na nosa casa debemos facer unha selección do lixo, segundo sexa papel, vidro, envases ou restos orgánicos?
… coa enerxía que se aforra ao reciclar unha botella de vidro mantense acendida unha lámpada de 100 W durante catro horas?
…unha tonelada de plástico reciclado representa aforrar case unha tonelada de petróleo?
…por cada brick recuperado afórrase a enerxía equivalente dunha lámpada acesa durante hora e media?
… por cada tonelada de vidro usado que se recicla afórranse 150 kg de fuel?
… cada tonelada de papel recuperado contén unha cantidade de fibras celulósicas igual a que se obtería de 4 m3 de madeira para o que se necesitarían un catorce árbores?
…unha soa pila de botón contamina 600.000 l de auga, que é a que bebe unha familia de catro membros ao longo da súa vida?
…un litro de aceite mineral usado, vertido nun lago pode chegar a contaminar até 1.000 m2 da superficie da auga, xa que se estende en forma de fina capa sobre a superficie?
….verter aceites polos fregadeiros deteriora as cañerías ata a súa inutilidade?
… o aceite recollido servirá para producir un carburante para automóbiles chamado BIODIESEL?
…se ti queres a cidade estará limpa?

O Tempo en Moraña

Enlaces Destacados

Recollida Selectiva e Reciclaxe Centro de Investigación e Divulgación do Patrimonio Cultural Telefonos de Interese Plan Urbanístico Novo Plan Xeral Perfil do Contratante Plan Operativo de Promoción da Saúde e Prevención de Drogodependencias Oficina Virtual do Oral Programa de Prevención e Redución do Abandono Escolar