Buscar...

Deporte

O Concello de Moraña ofrece un marco perfecto para a práctica deportiva. Merecen especial atención os pavillóns, o ximnasio, a piscina, un campo de fútbol de herba sintética e outro de herba natural ao dispor de usuarios e usuarias que así o desexen para desenvolver a ampla actividade deportiva que oferta o concello.

Instalacións deportivas.

O concello ten dous pavillóns e un ximnasio situados ao lado do colexio;  dous campos de fútbol, un de herba, onde xoga o equipo local, situado en Mirallos, e un de herba sintética ao lado do colexio . No lugar da Bouza (Santa Xusta) instálanse as piscinas municipais, unha de adultos (25×15) e outra de nenos (9×15), que dispoñen de vestiarios e duchas e que só permanecen abertas ao público en tempada de verán.

Clubes deportivos.
Moraña conta cunha Escola de Fútbol na que aprenden a xogar a este deporte a categoría de prebenxamíns, que integran a nenos e nenas de idades comprendidas entre 6 e 10 anos. Ademais desta escola está o Moraña C.F, que engloba as categorías de prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil; o Equipo Senior Moraña C.F, xogando en Primeira Rexional;  ademáis conta con dous equipos de Atletismo.

Actividades Deportivas.

ESCOLAS DEPORTIVAS PARA NENOS E NENAS DE 6 A 16 ANOS
– PATINAXE:
Mércores de 18:30 a 19:30 horas.
– AERÓBIC: Martes de 17:30 a 18:15 horas.
– MOTRICIDADE: Venres de 18:15 a 19:00 horas.

• ACTIVIDADES DE LECER E BENESTAR PARA A TERCEIRA IDADE

– XIMNASIA DE MANTEMENTO: Todos os días de 19:30 a 20:15 horas.

CULTURA

Accesibilidade