Buscar...

Moraña Rupestre

Situación dos Xacementos

Para facilitar a localización de todos os xacementos arqueolóxicos cos que conta Moraña achegámosvos un mapa interactivo e unha versión en pdf para imprimir, coa que poderedes atopar sen ningún tipo de problema cada un dos tesouros que agocha a nosa vila e cos que poderedes planificar perfectamente as vosas excursións.

Mapa Interactivo

Mapa versión .pdf

Menhires

Lapa de San Martiño de Gargantáns

Consiste nunha pedra colocada en posición vertical, típica construción da cultura megalítica do NO europeo e cuxa función exacta se descoñece. Relaciónana con signos funerarios, relixiosos ou conmemorativos, antigas lindes territoriais entre tribos ou tamén hai quen afirma que puidese ser un monumento dedicado ao sol. Está situado na parroquia de Gargantáns, nunha zona de importantes restos arqueolóxicos, onde tamén se encontran un castro, unha mámoa e unha rocha con petróglifos. Este menhir seccionado que pode datarse entre 3000-2000 a. C., descríbese como monólito de 1,92 m de altura, de gran simplicidade e forma cónica con gravados en ambas as dúas caras e numerosas fosetas e trazados sinxelos. Crese que non se asenta sobre o seu sitio orixinal e que foi trasladado aí (por motivos descoñecidos) en tempo inmemorial pois ten a base cortada, polo que seguramente aínda tiña máis altura. Foi descuberto en 1958 e por ser único nas súas características en Galicia e pola súa importancia foi escollido como elemento predominante no escudo do Concello.

menhirlapa
carasanpedro

Cabeza de San Pedro

É unha desconcertante escultura situada a 300 m de altitude na ladeira norte do monte Acibal que funciona como marco ou fito separador entre as parroquias de Rebón e Amil. Está situada nunha faldra do monte, nunha forte pendente que dende o río Gundeiro sobe por unha devasa. Crese que é da Idade de Bronce e presenta semellanzas con estatuas-lapa das illas de Córcega e Cerdeña. Para esculpir a cara empregouse un tetón natural da laxa. Os ollos están representados por dúas lixeiras fochas, o nariz por un suco en ferradura e a boca, algo inclinada, por outro suco mal trazado. Descubriuna en 1962 o mestre Carlos Paratcha.

Petroglifos

Moraña non é unha excepción na súa contorna, coma outros concellos do arco atlántico, e ten mostras desta arte rupestre tan autóctona de Galicia. Dende as primeiras descricións feitas polo mestre de Laxe, D. Carlos Paratcha, hai máis de 40 anos e, polos arqueólogos do Museo de Pontevedra, temos constancia de abundantes localizacións, con moi variada temática na súas formas. Hai que dicir que os incendios e os elementos meteorolóxicos foron facendo mella en moitos deles, polo que o seu estado de conservación non é o desexado. A súa temática e deseño é variada e destacan pola súa abundancia os motivos de círculos concéntricos con ou sen radio. Espirais, debuxos xeométricos combinados con fosetas e punteados, ou algúns con formas de cadros de xogo son outros dos deseños que podemos atopar. Os máis chamativos son os que presentan figuras de cuadrúpedes, con cabalos ou cérvidos e nalgúns dos casos con varias figuras en ringleira e nun deles un cabalo cun disco unido á cola. As localizacións máis numerosas están no monte Ardegán. Un grupo importante, o chamado Chan de Deus, atópase na parte norte deste monte, moi preto do lugar de Conles. Seguindo unha pista forestal que sobe polo monte atopamos o Outeiro das Pías, e máis ao sur, xa no cumio do monte os dous grupos Do Cotaredo. Na caída do monte cara a Soar podemos atopar o chamado Pai- Fillo-Nai, nome que recibe polo seu deseño parecido ao do popular xogo. E na caída do monte cara a Longás atopamos ata catro ou cinco localizacións coas mostras máis interesantes. Hai que mencionar o petróglifo das veigas da Lapa, cuxo interese máis que o seu deseño está por atoparse nun radio de 300 metros xunto co menhir, unha mámoa e mais o castro de Paraños.

Petroglifo
Petroglifo

LOCALIZACIÓN PRECISA POR COORDENADAS

* PETRÓGLIFOS DE ARDEGÁN (S. Martiño de Gargantáns, monte Ardegán)

GA36031034 GA36031035 GA36031036
Lonxitude: 8º 34´17´´ Lonxitude: 8º 34´12´´ Lonxitude: 8º 34´09´´
Latitude: 42º 34´14´´ Latitude: 42º 34´10´´ Latitude: 42º 34´17´´
Altitude: 305 m.s.n.m. Altitude: 310 m.s.n.m. Altitude: 332 m.s.n.m

Compóñeno 9 grupos de petróglifos datados entre 1800-1500 a. C. e están situados na aba do monte homónimo. Algúns deles pouco común polo seu raro trazado combinan figuras xeométricas (círculos concéntricos) con figuras de animais que ben puideran ser cervos pertencentes á fauna dos arredores.

* PETRÓGLIFO DO DEITADEIRO (S. Martiño de Laxe)

Parece ser máis antigo, está datado en 1900-1450 a.C. e presenta figuras de animais.

* PETRÓGLIFO DE GARGANTÁNS(S. Martiño de Gargantáns)

GA36031033
Lonxitude: 8º 34´53´´
Latitude: 42º 34´24´´
Altitude: 218 m.s.n.m.

* PETRÓGLIFO DE COTAREDO (Longás – Santa Xusta)

GA36031028 GA36031029
Lonxitude: 8º 34´02´´ Lonxitude: 8º 33´59´´
Latitude: 42º 34´23´´ Latitude: 42º 34´22´´
Altitude: 4360 m.s.n.m. Altitude: 380 m.s.n.m.

* PETRÓGLIFO DE CHAN DE DEUS (Conles – Santa Xusta)

GA36031031
Lonxitude: 8º 33´25´´
Latitude: 42º 34´32´´
Altitude: 285 m.s.n.m.

Mámoas

En Moraña contamos con estas construcións megalíticas de destino funerario, que consisten nunha gran lousa de pedra asentada sobre varias verticais, cubertas ou semicubertas polo terreo, e que foron violadas e derrubadas dende antigo pola ansia de atopar supostos e incertos tesouros. Hai que destacar polo seu interese e mesmo toponimia o campo de mámoas do Deitadeiro, no monte de Chaián. Neste lugar existen catro mámoas, unha delas moi desfeita. Esta concentración de mámoas dáse tamén nos límites do Concello de Moraña e Campo Lameiro, no monte Laceira e no de Ardegán, preto de Rozas. A máis doada de visitar é a de Santa Lucía, á beira da rúa 7, fronte ao Colexio Público.

LOCALIZACIÓN PRECISA POR COORDENADAS

  • Mámoa do monte Laceira e do Deitadeiro ( S. Martiño de Laxe)

GA36031023                       GA36031024                       GA36031025                        GA36031026
Lonxitude: 8º 33´40″           Lonxitude: 8º 33´44″                      Lonxitude: 8º33´39        Lonxitude: 8º 33´33″
Latitude:  42º 36´18″           Latitude:  42º 36´17″            Latitude: 42º 36´16″           Latitude: 42º 36´27″
Altitude:196m.s.n.m.           Altitude:196m.s.n.m.           Altitude:193m.s.n.m.            Altitude:191m.s.n.m.

Mámoa de Santa Lucía (Santa Lucía)

GA36031013
Lonxitude: 8º 33´20″
Latitude:  42º 35´11″
Altitude: 140 m.s.n.m.

Mámoa do monte Ardegán (Longás – Santa Xusta)

GA36031027
Lonxitude: 8º 33´55″
Latitude:  42º 34´17″
Altitude: 376 m.s.n.m.

Mámoa de Paraños (S. Martiño de Gargantáns)

GA36031012
Lonxitude: 8º 35´08″
Latitude:  42º 34´13″
Altitude: 240 m.s.n.m.
* 2000 a.c., situado a 100 m. en dirección N do menhir (Lapa de Gargantáns).

Mámoa 1 de monte Laceira (Monte Laceira – Laxe)

GA36031017
Lonxitude: 8º 32´54″
Latitude:  42º 35´09″
Altitude: 344 m.s.n.m.

Mámoa 2 de monte Laceira (Monte Laceira – Laxe)

GA36031018
Lonxitude: 8º 32´57″
Latitude:  42º 35´10″
Altitude: 340 m.s.n.m.

Mámoa 3 de monte Laceira (Monte Laceira – Laxe)

GA36031019
Lonxitude: 8º 33´00″
Latitude:  42º 35´11″
Altitude: 340 m.s.n.m.

Mámoa 4 de monte Laceira (Monte Laceira – Laxe)

GA36031020
Lonxitude: 8º 33´05″
Latitude: 42º 35´11″
Altitude: 344 m.s.n.m.

Mámoa de Guillarei (Cortiñas – Santa Lucía)

GA36031021
Lonxitude: 8º 35´42″
Latitude:  42º 34´32″
Altitude: 200 m.s.n.m.

Mámoa 1 de Querguizo (Querguizo – Laxe)

GA36031015
Lonxitude: 8º 32´54″
Latitude:  42º 35´30″
Altitude: 330 m.s.n.m.

Mámoa da Pallota (A Pallota – Rebón)

GA36031022
Lonxitude: 8º 35′ 42″
Latitude: 42º 33´ 21″
Altitude: 190 m.s.n.m.

Castros

A Moraña prerromana xa contaba cun bo número de poboados castrexos que dende a súa posición privilexiada dominaban o val e permitían a defensa aos seus moradores.
Un dos máis antigos pode ser o monte Castelo, na parroquia de Cosoirado, moi preto de S. Antoniño do Monte, en Campo Lameiro. Habitados en épocas máis tardías, o Castro de Rebón, cun trazado fermoso e unha muralla artificial ao sur, faino recoñecible ao lonxe. O Castro de Paraños ou Monte da Mena, chamado así pola existencia dunha cova subterránea, e unha pedra chamada Pena da Auga onde se conservaba a auga todo o ano, conta cunha importante extensión e forma conxunto co menhir A Lapa, unha mámoa e máis lonxe uns petróglifos.
Castro de Santa Cruz de Lamas, no lugar da Igrexa, conta cun camiño de entrada, a chamada Corredoira do Castro, e nel atopáronse diversos restos de cerámica, tegulas e un muíño de man. Na mesma parroquia, no lugar de Silvoso, está o Castro de Cernadas, de pequeno tamaño e desdebuxado pola vexetación.
Na Laxe encóntrase o Castro de Querguizo, por riba deste lugar. E xa por último, cabe mencionar lugares de pequeno tamaño coma Castriño, na Amil, ou o da Chan, que perderon a feitura polos traballos de asentamento posterior.

castrodelama
castrorebon

CULTURA

Accesibilidade