Buscar...

Trámites Culturais

BIBLIOTECA

Entre os servizos dos que consta a Biblioteca Pública de Moraña está principalmente o préstamo de libros. Cada socio pode levar ata un máximo de dous libros durante quince días. Para ser socio da biblioteca só é necesario facer un carné, que se cubrirá aquí mesmo e para o que se necesita unha fotografía tamaño carné. Tamén pode dispoñer dun servizo de internet gratuíto durante hora e media para o que se require ser maior de idade ou menor pero cunha autorización dos pais, nais ou titores.

ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL

Se queres formar parte da Escola de Música tes que matricularte no Concello de Moraña (9:00-15:00 horas) e para o que necesitas cubrir esta solicitude, na que tamén aparece a documentación necesaria para levar a cabo este trámite. De igual forma xuntamos o impreso de domiciliación bancaria para pagar as taxas e mensualidades desta escola.

LOCAIS DO CONCELLO

Se necesitas algúns dos locais públicos dos que dispón o Concello de Moraña para realizar algunha xuntanza ou actividade podes solicitalo cubrindo este impreso.


INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

Todas as persoas que queiran realizar algún deporte ou actividade poden solicitar os pavillóns do Concello, cun horario de apertura ao público de 17:00 a 23:00 horas, mediante o seguinte impreso que deberán entregar no Pavillón novo neste horario xunto cunha fotocopia do DNI e unha foto tamaño carné.

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

Para poder participar en calquera das actividades deportivas que oferta o Concello (patinaxe, fútbol, atletismo, aeróbic) para nenos e nenas ata os 16 anos, debedes pasar polo Pavillón novo en horario de apertura ao público, de 17:00 a 23:00 horas, provistos dunha fotocopia do DNI ou, no seu defecto, do Libro de Familia e unha foto tamaño carné.
Por outra banda as persoas maiores que queiran asistir ás clases de ximnasia de mantemento deberán seguir os mesmos requisitos.

CULTURA

1 Comentario

  1. santiago cortegoso 16 Setembro, 2016

    Desde Ibuprofeno Teatro, queremos solicitar unha cita coa persoa encargada da programación cultural para que nos dea a ocasión de presentarlle en persoa os nosos espectáculos, para estudar a posibilidade de que algún deles se poida representar na Casa da Cultura de Moraña.
    Estamos armando unha xira para acollernos a unhas axudas a distribución da Agadic, polo cal podemos ofrecer cachés asequibles neste momento.
    Nós temos dispoñibilidade para achegarnos a Moraña calquera día da semana (mañá ou tarde). Vivimos moi preto, en Caldas.

    Se entras na nosa web: http://www.ibuprofenoteatro.com atoparás información das obras que temos en xira.

    Aproveitamos a ocasión para convidarvos á función que temos mañá no Auditorio de Vilagarcía.
    Para reservar, non hai máis que responder este correo ou chamarnos a algún dos teléfonos que están abaixo.

    Grazas pola atención e saúdos

    Santiago Cortegoso e Marián Bañobre
    696 73 00 37 // 609 76 18 40// 986 10 28 32
    ibuprofenoteatro@hotmail.es
    http://www.ibuprofenoteatro.com

Deixa un Comentario

Accesibilidade