Buscar...

Instalacións Culturais

C.P.I. SANTA LUCÍA

En 1972 créase o Centro Nacional Comarcal de Santa Lucía, hoxe o CPI Santa Lucía, que conta cunha nave central (onde se sitúan o comedor, os distintos departamentos da ESO e a sala de gardas) que ten pegadas dúas ás de tres flancos cada unha, nas que se atopan as aulas de ensino primario e secundario. Anos máis tarde engadíronselle dous edificios máis: o edificio de ensino infantil, que conta con dous andares, o primeiro reservado para os alumnos de tres anos, e outro máis actual, onde se encontran a aula de informática, o taller de tecnoloxía, a aula de música, a aula de debuxo, a biblioteca, unha sala de profesores, o departamento de orientación e as oficinas administrativas (secretaría, xefatura de estudos e dirección). No contorno do colexio atópanse as pistas deportivas e os pavillóns polideportivos, onde se desenvolven as clases de educación física e as distintas actividades deportivas. En canto á oferta educativa o centro dispón de ensino infantil (3-6 anos), ensino primario (6-12 anos), ensino secundario obrigatorio (12-16 anos) e o programa de garantía social. Outros servizos cos que conta o colexio son comedor e transporte gratuíto.

C.P.I. Santa Lucía
escola-infantil-de-moraña_img230143t0

ESCOLAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

No Concello existen tres escolas de educación infantil, a de Amil, a de San Lourenzo e a de Lamas, que achegan o ensino infantil ao alumnado que vive máis afastado do centro escolar. Estas escolas contribúen a aumentar o número de matrículas no ensino infantil. Ademáis, contamos cunha Galiña Azul na Rúa 7.

CASA DA CULTURA A.D. RODRÍGUEZ CASTELAO

Situada na rúa 3 do núcleo urbano este antigo cuartel da Garda Civil inaugurouse en 2000. Este local componse de dúas plantas: unha primeira, na que se encontran o vestíbulo e a biblioteca; e unha segunda, que conta cunha enorme sala para exposicións, a sala-auditorio, cunha capacidade para 120 persoas e demais aulas onde se imparten cursos, conferencias e clases de música.

Captura de pantalla 2020-06-11 a las 21.24.26
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

CENTRO DE INVESTIGACIÓN E DIVULGACIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL DE MORAÑA

O Concello de Moraña conta cun Centro de Interpretación do Patrimonio situado na antiga escola de Santa Xusta, no lugar da Igrexa. Máis información aquí.

CENTRO SOCIOCULTURAL MUNICIPAL

Inaugurado en Decembro de 2019, o Centro Sociocultural Municipal é un espazo renovado sobre un edificio emblemático na historia de Moraña: o Mercado Municipal. Un local destinado a unha nova funcionalidade que vai favorecer aínda máis da gran dinámica sociocultural das nosas asociacións e da nosa veciñanza.

Captura de pantalla 2020-06-11 a las 21.28.03

CULTURA

Accesibilidade