Buscar...

Fin de Obra de cerramento da Carballeira de Corrigatos e do Lavadoiro da Bouza Parque

Compartir


Os alumnos/as do módulo de carpintería do obradoiro rematan o peche da carballeria de Corrigatos e as alumnas de albanelería rematan o lavadoiro de
Bouza parque.
Os 20 alumnos/as do Obradoiro de Emprego Ulla Umia II pertencente ós concellos de Moraña e Valga, 10 alumnos da especialidade de albanelería e 10
de carpintería traballán en obra. Os coñecementos teóricos que foron adquirindo nas aulas e nos talleres están a poñelos en práctica.
Os alumnos/as do módulo de carpintería remataron o cerramento perimetral da carballeira de Corrigatos. Tratouse dun peche de 148 metros lineais, que foi
cerrada con madeira tratada en autoclave. A elaboración da madeira para o peche da carballeira realizouse no taller do obradoiro e e ahora acaban de
rematar a instalación da mesma Este cerramento delimita a carballeira e mellora a súa integración no entorno de cara a acadar unha mellor protección da mesma e poñela en valor como espazo de referencia para a realización de diversas actividades de lecer e esparexemento dos vecinos e turistas de Moraña.
Así as alumnas de albanelería remataron o acondicionamento do lavadoiro da Bouza Parque na parroquia de Santa Xusta e continúan cos traballos de de
rehabilitación dos lavadoiros e fontes de A Bouza pilón ( Santa Xusta) , Cortiñas ( Saiáns) e Castro ( Rebón).
A alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, visita as obras,xunto coa directora do obradoiro, Mª Carmen Vidal, vendo así o resultado dos traballos que están a
realizar os alumnos e alumnas. Con estas actuacións os alumnos do obradoiro contribúen a recuperar elementos da cultura tradicional galega.
Así mesmo continuamos coa formación teórica nas aulas e nos talleres do obradoiro
O obradoiro continuará coas obras en Moraña e unha vez rematadas comezará as obras no concello de Valga.

Seguinte

Accesibilidade