Buscar...

MANIFESTO DÍA MUNDIAL SEN TABACO

Compartir

MANIFESTO DÍA MUNDIAL SEN TABACO
31 de MAIO do 2018.
O 31 de maio de cada ano a Organización Mundial da Saúde (OMS) celebra o día Mundial sen Tabaco co fin de poñer de relieve os riscos asociados ó tabaquismo, tanto para a saúde como noutros ámbitos, e abogar por políticas eficaces para reducir o seu consumo, sobre todo entre os /as mozos/as.
O lema do Día Mundial Sen Tabaco deste ano 2018 é “O tabaco e as cardiopatías”, con elo búscase chamar a atención sobre a relación entre o tabaco as cardiopatías e outras enfermidades cardiovasculares, que son a principal causa de morte no mundo. De igual xeito, tamén se incide sobre as posibles medidas e accións que os gobernos e a poboación en xeral podemos adoptar para reducir os riscos causados polo tabaco na nosa saúde.
Os últimos datos do Plan Nacional sobre Drogas (PNSD) reflexan unha importante redución do consumo diario de tabaco en relación a décadas pasadas, pasando dun consumo diario do 36,7% da poboación entre 16 e 64 anos no 2003 a un consumo do 30,8% no 2015 (enquisa EDADES 2015/16). Con todo, a súa prevalencia segue sendo elevada, polo que estos datos deben facer que se continúe cos esforzos encamiñados a previr e reducir o consumo de tabaco na poboación xeral e en especial entre os/as menores de idade, xa que a idade de inicio do consumo de tabaco se situa nos 14,1 anos (enquisa ESTUDES 2016/17), establecéndose o consumo diario antes dos 19 anos (EDADES 2015/16)).
Tendo en conta os datos do PNSD e seguindo as directrices da OMS, dende o Proxecto de Prevención das drogodependencias e outras condutas adictivas de Barro, Cuntis, Moraña e Portas realízanse varias accións encamiñadas a reducir o consumo de tabaco entre a poboación dos catro concellos e previr o consumo entre os/as menores de idade (Programa para deixar de fumar, Intervencións preventivas e de sensibilización sobre o tabaco no ámbito escolar, familiar, xuvenil e comunitario). A través de ditas accións preténdense acadar os seguintes obxectivos:

  • Reducir a prevalencia do consumo de tabaco nos concellos de Barro, Cuntis, Moraña e Portas.
  • Fomentar hábitos de vida saudables que inclúan o rexeitamento do consumo de tabaco por parte dos/as menores de idade, así como a modificación de actitudes e comportamentos da sociedade.
  • Limitar o acceso de menores de idade ó tabaco.
  • Aumentar os coñecementos da poboación sobre os riscos do tabaco, entre eles os cardiovasculares.

Finalmente, débemos resaltar que para acadar os obxectivos antes sinalados a responsabilidade é de toda a poboación, polo que, todos/as debemos poñer o noso gran de area fronte a esta problemática. Por iso, animamos a todos/as os/as fumadores/as a intentar abandonar o consumo de tabaco e apelamos á responsabilidade da poboación en xeral e, particularmente á dos/as hosteleiros/as e donos/as de estancos, recordando que está prohibida a venda, suministro e dispensación de tabaco ós/ás menores de 18 anos (Lei 42/2010, do 30 de decembro, pola que se modifica a Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ó tabaquismo e reguladora da venta, do suministro, do consumo e da publicidade dos produtos do tabaco).

Seguinte

Accesibilidade