Buscar...

Mercado Eco-Arte-Sano de Moraña

Compartir

O domingo 24 de setembro celebrase na Carballeira de Santa Lucia 1ª edicíón do mercado Eco-Arte-Sano de Moraña.

A celebración destes mercados ecolóxicos en distintas localidades está tendo un crecemento constante grazas o interese dos consumidores por unha alimentación de calidade e máis saudable e tamén por ter a posibilidade de atopar estes produtos en mercados de proximidade, onde se coñece ao produtor, vese a calidade do produto, sempre galego e de proximidade.

Nestes mercados temos unha oferta de produtos distintos dás grandes superficies favorecendo a soberanía alimentaria.

Contaremos arredor de 40 expositores de produtos agroalimentarios ecolóxicos, artesanos, de proximidade e moda sostible onde mostraremos os traballos de novos creadores.

E importante suliñar a labor que fai o concello celebrando este mercado de produtos frescos, de tempada, apoiando os pequenos produtores e artesáns e en beneficio para as economías locales .

O domingo comezará o mercado as 11 dá mañá, con expositores que abarcan varios sectores, teremos pan ecolóxico, queixo. mel, repostería, xelados, embutido de porco celta, aceite, cosmética natural, etc. En artesanía teremos xoiería, pel, cerámica, madeira ,etc. En moda sostible teremos deseñadores de roupa e complementos orgánicos.

Para o xantar teremos foodtrucks con alimentos saudables, hamburguesa con carne ecolóxica e pan do país, filloas salgadas e doces recheas, tamén sin gluten, pinchos de xamón asado de porco celta, empanada de fariñas de espelta, e como postre diversas preparacións que traerán os expositores.

Complementando a exposición e venda, temos actividades tales como obradoiros, demostracións e degustacións.

Acompañaremos a estas degustacións con sesión vermú, viño, cervexa ou sidra e música

E un día para pasar unha xornada de lecer, mantendo a filosofía de ser un espazo de encontro de veciños e visitantes, onde se reforzan as relacións e as tradicións do medio rural e se valorizan as aldeas con proxectos de persoas que deciden vivir e traballar nelas tendo a oportunidade de coñecelas de primeira man neste mercado.

Aquí se pode descargar o programa de actividades: programa

Agardámosvos a todos alí!

Accesibilidade