• 8S4M5148
  • lapa_de_gargantans_2
  • Milagros de Amil1
  • 8s4m6621
  • c.s.xusta1
  • rapa_07
  • Casa Cultura 1
  • C.Amil3
  • petroglifos de ardegán 1

Moraña comeza a promoción da 50ª Festa do Carneiro ao Espeto en Festur no marco da Semana Verde de Galicia •


O Concello, que ofrecerá senllas degustacións o domingo, confía no tirón da cita de Silleda, cuns 100.000 visitantes, para difundir o certame

A vindeira semana darase a coñecer o cartel promocional da cita gastronómica coa resolución do concurso, que recibíu decenas de obras

O Concello de Moraña está a promocionar durante esta fin de semana a 50ª edición da Festa do Carneiro ao Espeto, que celebrará o seu día grande o vindeiro 28 de xullo, en Festur, o evento turístico integrado no marco da Semana Verde de Galicia que ten lugar nestas datas no recinto feiral de Silleda.

A Festa do Carneiro ao Espeto, declarada de Interese Turístico de Galicia, conta cun stand propio neste certame no que hai material informativo sobre as vodas de ouro, reportaxes fotográficas e unha atención personalizada sobre a cita gastronómica. Neste senso, confíase nunha gran difusión, xa que a Semana Verde soe ser moi concorrida ao acoller uns 100.000 visitantes en cada edición.

As labores de promoción comezaron na xornada de onte, respaldadas pola presenza da alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, e continuarán durante toda a fin de semana ata o domingo, xornada na que están programadas senllas degustacións de Carneiro ao Espeto, ás 13.30 e ás 17.30 horas, preparadas polo coñecido mestre asador Suso O Muiñeiro.

Polo demais, a vindeira semana vai ser bastante importante para este cincuenta aniversario, xa que darase a coñecer o cartel promocional da festa coa resolución do concurso, nas categorías de adultos e infantil, organizado polo Concello. Cómpre sinalar que decenas de obras, especialmente elaboradas por cativos, presentáronse a este certame.

Así mesmo, nos próximos días tamén se revelará o programa completo, que incluirá o tradicional concurso Espétalle un Pincho, actividades deportivas e importantes actuacións musicais, e se informará da apertura do prazo para a reserva dos lotes do xantar popular do 28 de xullo.

Deixa unha resposta

O Tempo en Moraña

Enlaces Destacados

Recollida Selectiva e Reciclaxe Centro de Investigación e Divulgación do Patrimonio Cultural Telefonos de Interese Plan Urbanístico Novo Plan Xeral Perfil do Contratante Plan Operativo de Promoción da Saúde e Prevención de Drogodependencias Oficina Virtual do Oral Programa de Prevención e Redución do Abandono Escolar Plan Concellos DEPO 2017 Plan Concellos DEPO 2019