Buscar...

NOTA INFORMATIVA: programa piloto totalmente gratuíto para nenos- as en idades comprendidas entre 5 e 16 anos, e persoas de 20-30 anos que presenten deficiencia motora

Compartir

MARÍA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA,
TEN A BEN INFORMARLLE QUE:
O Servizo Médico do Balneario de Termas de Cuntis, en colaboración ca Concello de Moraña , departamento municipal de Servizos Sociais Comunitarios Municipais, da a coñecer un programa piloto totalmente gratuíto para nenos- as en idades comprendidas entre 5 e 16 anos, e persoas de 20-30 anos que presenten deficiencia motora de cal quera etioloxía.
En lineas xerais consistiría en consulta médica inicial, hidroterapia e fisioterapia de grupo. A duración do tratamento sería do 5 ó 23 de maio, os luns, mércores e venres polas tardes, de 18 a 20 horas. O balneario está adaptado e antes de iniciar o trataMento pasarían una consulta médica para a súa valoración e estarían baixo supervisión médica durante todo o tempo.
Os nenos- as virán cun acompañante que participará con el/ela durante toda a terapia. As persoas maiores(20-30 anos) si non son autónomas teñen que ir acompañadas.
O período de inscrición é do 20 ao 30 de abril e poderá, facelo no nº de teléfono: 986532525, ou directamente no balneario.
Moi importante enviar informes médicos que teñan no seu poder durante este período, dirixíndose a:
Servizo médico do Balneario
Rúa do Balneario, 1
36670 Cuntis
No mesmo teléfono de reservas, atenderáselle as dubidas que poidan persistir.
Moraña, 4 de Abril de 2013

Accesibilidade