• 8S4M5148
  • lapa_de_gargantans_2
  • Milagros de Amil1
  • 8s4m6621
  • c.s.xusta1
  • rapa_07
  • Casa Cultura 1
  • C.Amil3
  • petroglifos de ardegán 1

Novo Plan Xeral


Introducción

Despois dun longo proceso para actualizar o planeamento urbanístico do Concello de Moraña, o Pleno do Concello, na sesión extraordinaria  do día 27 de decembro de 2013,  aprobou inicialmente un novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Despois da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia (DOGA) o luns día 3 de febreiro de 2014, comezou o período de exposición pública de 3 MESES (DO 04/02/2014 AO 03/05/2014), no que tanto os representantes dos partidos políticos, como asociacións ou calquera veciño ou veciña que o desexe, poderá presentar as alegacións que consideren oportunas para incorporalas, de ser estimadas, ao planeamento definitivo.

A aprobación inicial do PXOM determina por si so, a suspensión de outorgamento de licenzas naqueles ámbitos nos que as determinacións do novo planeamento supoñan modificación  da ordenación urbanística vixente. Para estes efectos, conforme ao previsto no artigo 77.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, determínanse como áreas afectadas pola suspensión de licenzas debido á aprobación inicial do PXOM de Moraña, polo período máximo de dous anos, os seguintes ámbitos:

1.- Solo urbano de Santa Lucía:

Solo urbano vixente que no novo PXOM  se  incorpora ao ámbito do P-01 e ao sector de solo urbanizable SUD-02.

Nos ámbitos dos P-02, SUD-01, SUD-02, SUD-03, SUD-04, SUND-01 e SUND-02 do novo PXOM.

2.- Solo de núcleo rural:

Nos ámbitos que no novo PXOM pasan a clasificarse como solo rústico.

3º.- Solo rústico apto:

a) Solo rústico apto para a tramitación de novos desenvolvementos urbanísticos.

b) Solo rústico apto nos ámbitos que no novo PXOM pasan a clasificarse como solo de núcleo rural ou solo urbanizable delimitado ou non delimitado.

c) Solo rústico protexido nos ámbitos que no novo PXOM pasen a clasificarse como solo de núcleo rural ou solo urbanizable delimitado ou non delimitado.

4.- Ámbitos destinados aos sistemas xerais programados seguintes:

a)    Enlace SUD-04 coa estrada PO-221.

b)    SXV-ZV005: Zona verde As Cortiñas

c)    SXV-ZV006: Zona verde Campo da Feira Vella

d)    SXV-ZV007: Zona verde afluente rego Grixó

e)    SXE-DP005: Instalacións deportivas As Cortiñas

f)      SXE-SA003: Ampliación Centro de Saúde.

O expediente completo poderá consultarse nas instalacións da Casa de Cultura ADR Castelao, sita na Rúa 3 nº 13 de Santa Lucía de Moraña, en horario de 10.00 horas ás 14,00 horas e na páxina web www.morana.org.

Asi mesmo, celebraránse unha serie de xuntanzas nas parroquias do municipio, das que se comunicará oportunamente,  para informar aos veciños e veciñas da situación recollida no PXOM para cada unha delas.

Por último, o Concello pon a disposición dos veciños e veciñas  un impreso tipo para presentar as alegacións que consideren oportunas, até o día 03/05/2014 ( 3 meses dende a publicación no Diario Oficial de Galicia, cando acaba o período de exposición pública), así como toda a información do PXOM a través dun acceso completo ao documento de aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Moraña. Os dous documentos están dispoñibles nas ligazóns relacionadas.

 

DOCUMENTACIÓN:

1. Tomos

 

2. Cartografía

2.1.

2.2.

3. Modelo Tipo de Alegación para a aprobación inicial do PXOM do Concello de Moraña

4. Anuncio no DOG de aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Moraña.

5. Cartografía do PXOM de Moraña en formato .dgn