Buscar...

Obradoiro de Memoria e Estimulación Cognitiva para a Terceira Idade

Compartir

BANDO

DONA MARÍA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER:

Que está aberta a inscrición para o Obradoiro de Memoria e Estimulación Cognitiva para a Terceira Idade. Ofrecemos á poboación estas actividades seguindo as recomendacións da comunidade médica no ámbito da saúde na terceira idade. Este Obradoiro forma parte do programa de prevención da enfermidade que estamos a impulsar dende o Concello para mellorar a calidade de vida física e psíquica dos nosos maiores e garantir unha vida saudable.

Nesta oportunidade as actividades desenvolveranse nas parroquias e comezaremos polas que conten cun maior número de interesados en beneficiarse desta acción.
Os homes e mulleres maiores de 65 anos interesados, poden solicitar a súa praza nos servizos sociais de forma persoal no Concello, na Rúa 1, n02, ou telefonicamente no 986.553.005 .

O prazo de admisión remata o día 31 de outubro de 2014.
O que se fai público para xeral coñecemento.

Pódese descargar este Bando en formato PDF aquí: Bando_Obradoiro_Memoria

bando

Accesibilidade