• 8S4M5148
  • lapa_de_gargantans_2
  • Milagros de Amil1
  • 8s4m6621
  • c.s.xusta1
  • rapa_07
  • Casa Cultura 1
  • C.Amil3
  • petroglifos de ardegán 1

Paula Carballo e Eva Stewart gañan o concurso da 50ª Festa do Carneiro ao Espeto e os seus carteis serán a imaxe promocional


  • O xurado, formado por Marcela Santorun, José Castro e Norma Caldas, elixiron estas obras, de adultos e infantil, entre as 38 presentadas

  • O Concello abre o luns, e ata o 21 de xullo, o prazo de reserva de lotes no xantar do 28 de xullo, que se mantén a 300 euros para 20 comensais

O Concello de Moraña xa ten carteis promocionais para a 50ª Festa do Carneiro ao Espeto despois que o xurado ditaminara o concurso convocado entre a veciñanza e no que resultaron gañadoras Paula Carballo de Santiago, na categoría de adultos, e Eva Stewart Brackenridge, en infantil. Deste xeito, a obra pictórica “Fogos de artificio na Festa da Xuventude” será o cartel principal, mentres que o debuxo da pequena veciña de Rebón empregarase en materiais informativos auxiliares, como folletos ou trípticos.

O xurado, conformado por Marcela Santorum, José Castro e Norma Caldas, seleccionou estes dous traballos entre os 38 que concorreron ao certame –dez de adultos e 28 de cativos– e as súas autoras recibirán como premio un lote de carneiro para o xantar popular do 28 de xullo e un paquete de oito entradas para o Ecoparque de Marín, respectivamente. Ademais, todas as obras do concurso formarán parte dunha exposición na Casa da Cultura, nas datas periféricas da festa, con motivo das súas vodas de ouro.

Os traballos gañadores foron presentados hoxe polo xurado e pola alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, que amosou a súa ledicia “pola alta participación dos veciños nun concurso que facíamos por vez primeira para homenaxear a longa traxectoria da nosa festa e polo elevado nivel das obras que había neste certame”. “Houbo moita implicación e ademais os morañeses amosaron unha gran calidade artística, polo que foi difícil escoller ás gañadoras”, detallou.

Apertura da reserva dos lotes

Por outra banda, o Concello de Moraña anunciou que o vindeiro luns, e ata o 21 de xullo, abrirase o prazo de reserva dos lotes de carneiro para o xantar popular, que se celebrará o día grande da festa, domingo 28 de xullo, na Carballeira de Santa Lucía. O lote mantén o seu prezo de 300 euros e está orientado a grupos de vinte comensais, xa que inclúe un carneiro de entre 12 e 14 quilos, dúas empanadas grandes, catro Nota de Prensa

Luisa Piñeiro Arcos | 635 512 197 | alcaldesa@morana.org

moletes de pan, doce botellas de viño, doce botellas de auga, unha botella de salsa especial para o asado, café, augardente e servizo completo de mesa.

As persoas interesadas xa poden facer a súa reserva mediante o ingreso dos cartos, detallando a identidade do seu titular, nas oficinas bancarias de Abanca, Banco Santander, BBVA e La Caixa de Moraña. Tamén se pode recabar máis información nos teléfonos 986 553248 e 986 553005 de 9.00 a 14.00 horas ou no 986 552809 de 16.00 a 21.00 horas. Cómpre sinalar que, aínda que o prazo permanecerá aberto ata o 21 de xullo, o Concello resérvase a posibilidade de pechalo en calquera momento se se cubren as prazas habilitadas para o xantar, polo que se recomenda adquirir os lotes coa máxima premura.

Deixa unha resposta

O Tempo en Moraña

Enlaces Destacados

Recollida Selectiva e Reciclaxe Centro de Investigación e Divulgación do Patrimonio Cultural Telefonos de Interese Plan Urbanístico Novo Plan Xeral Perfil do Contratante Plan Operativo de Promoción da Saúde e Prevención de Drogodependencias Oficina Virtual do Oral Programa de Prevención e Redución do Abandono Escolar Plan Concellos DEPO 2017 Plan Concellos DEPO 2019