Buscar...

Plan de Banda Larga 2020 da Xunta

Compartir

O Plan de Banda Larga 2020 da Xunta convoca subvencións para achegar internet de alta velocidade ás
empresas e autónomos (DOG do 9-11-2018).

Aberto o prazo para que autónomos empresas illadas en zonas do rural galego poidan solicitar subvencións para a dotación de banda larga ultrarrápida.
CONTÍA DAS AXUDAS
Subvencionarase ata o 100% dos custos para a dotación de banda larga ultrarrápida, cun máximo de 20.000 euros por proxecto.
*O IVE non será subvencionable
REQUISITOS E OBRIGAS
Non dispoñer de cobertura actual de internet de cando menos 30Mbps e manter a alta no servizo que sexa contratado inicialmente durante cando menos 1 ano.
SOLICITUDES
Os interesados poderán presentar solicitudes individuales ou por agrupación de empresas ata o 31 de xaneiro de 2019.
Mais información na sede electrónica https://sede.xunta.gal/ co código PR604A ou a través do correo oficina.bandalarga@xunta.gal ou no teléfono 981 957 868.

Accesibilidade