Buscar...

Programación de Nadal 2017

Compartir

Aquí vos deixamos todas as actividades que o Concello de Moraña vai levar a cabo este Nadal 2017:
RECOLLIDA SOLIDARIA DE NADAL
Na Casa de Cultura ADR Castelao, ata o día 20 de decembro, recolleremos xoguetes (novos ou en bo estado), comida e produtos de aseo.
 
10 decembro
XVI CERTAME DO NADAL
Na Casa de Cultura. Ás 17:30 h
Organiza: Coral Voces Amigas
 
17 decembro
TEATRO
 Na Casa de Cultura ás 19:30 h. O grupo de teatro Escola Artística de Cuntis representaranos a obra “A nosa vila”.
 
19 e 21 decembro
MAQUÍLLATE PARA O NADAL
 Para maiores de 18 anos. Na Casa de Cultura ás 20:00h  
Prazas limitadas. Inscribirse na Biblioteca
 
20 decembro
CONCERTO DA ESCOLA MUNICIPAL
DE MÚSICA DE MORAÑA
Casa de Cultura. Ás 20:30 horas
 
24 decembro
VISITA DE PAPA NOEL
Na Casa de Cultura
De 11 a 13 horas
 
26, 27, 28 decembro e 2, 3 xaneiro
TECENDO LAZOS: OBRADOIRO XABÓNS NATURAIS
 Para nenos e nenas  a partir de 6 anos, deberán vir acompañados dun adulto.
Na Casa de Cultura ás 16:30 h.    
Prazas limitadas. Inscribirse na Biblioteca
 
28 decembro
TEATRO FAMILIAR
 Na Casa de Cultura ás 19:30 h. O grupo de teatro Malasombra representaranos a obra “Os fabulosos cleaners”.
Espectáculo de luz e son con pompas de xabón.
 
4 xaneiro
CANTOS DE REIS
A Asociación Cultural Seixebra percorrerá Santa
Lucía cantando os tradicionais Cantos de Reis.
A partir das  17:00 h.
Organiza: A.C. Seixebra
5 xaneiro
CABALGATA DE REIS
 A partir das 16.30 h as Súas Maxestades os Reis percorrerán todas as parroquias do Concello  co seguinte horário aproximado:
Bar Congo-Covelo (16:30h), Igrexa de Saiáns (16:35h), Igrexa de Rebón (16:50h), Casa Cultural de Amil (17:05h), Casa Giao-Sorrego (17:15h), Paraños (17:25h), Soar (17:35h), Cosoirado-Cemiterio (17:40h), Molina-Alende (17:50h), Igrexa de Santa Xusta (18:00h), Penagrande (18:15h), Pumariño (18:25h ), Souto (18:30h)
Haberá un autobús co mesmo percorrido e o mesmo horario       para recoller as persoas que queiran desprazarse ata Santa Lucía; con regreso ó final da Cabalgata.
 
Ás 19:00 horas percorrerán as rúas de Santa Lucía.
 
Ó remate o Concello invitará a chocolate con rosca.
 
EXPOSICIÓNS NA CASA DE CULTURA
    – XIII Concurso de Tarxetas de Nadal
     -Exposición Murais para a Igualdade

Seguinte

Accesibilidade