• 8S4M5148
  • lapa_de_gargantans_2
  • Milagros de Amil1
  • 8s4m6621
  • c.s.xusta1
  • rapa_07
  • Casa Cultura 1
  • C.Amil3
  • petroglifos de ardegán 1

PROXECTO DE PREVENCIÓN DAS DROGODEPENDENCIAS E OUTRAS CONDUTAS ADICTIVAS NO EIDO LOCAL.


Cuntis, Barro, Moraña e Portas 6 de febreiro de 2018.

Un ano máis os concellos de Barro, Cuntis, Moraña e Portas firman un Convenio de colaboración para o desenvolvemento do Proxecto de prevención das drogodependencias e outras condutas adictivas no eido local. Dito proxecto desenvolverase ó longo dos anos 2017-2019, e será cofinanciado pola dirección Xeral de Saúde Pública (Consellería de Sanidade).

Dito programa comezouse a aplicar no ano 2007 debido á gran sensibilización que dende os grupos políticos existe sobre a promoción da saúde e a prevención das drogodependencias entre os/as seus/súas cidadáns/as. Este novo período extenderase dende o 22 de Xaneiro de 2018 ó 30 de xuño de 2019.

A través deste programa inténtase dar resposta a un dos grandes problemas aos que se enfronta a sociedade actual, as condutas adictivas, que afecta non só á saúde das persoas directamente implicadas no consumo de drogas senón tamén ao benestar da toda a comunidade.

Para afrontar esta problemática dende o Proxecto de Prevención das drogodependencias e outras condutas adictivas dos concellos de Barro, Cuntis, Moraña e Portas levaranse a cabo varias intervencións que teñen como obxectivo minimizar a influencia dos factores de risco e potenciar os factores de protección ante o consumo de drogas. Para iso, realizaranse en varios ámbitos (escolar, familiar, comunitario, laboral e xuvenil) un conxunto de accións destinadas a reducir e /ou retrasar o abuso de drogas, e no caso de terse producido minimizar as súas consecuencias negativas.
As diferentes actividades programadas en cada ámbito para este novo período son:

ÁMBITO ESCOLAR: O ámbito escolar é un dos medios máis idóneos para levar a cabo actividades de promoción da saúde e prevención das drogodependencias. Mediante os Programas Saúde na escola, A experiencia de educar para a saúde na escola e Intervención socioeducativa na aula, preténdese formar ós escolares de infantil, primaria e secundaria, previndo así, consumos futuros de drogas
ÁMBITO FAMILIAR: A familia constitúe o primeiro estamento na socialización dos individuos, e é a que ten unha maior influenza na formación e no desenvolvemento dos seus/súas membros. De aí a necesidade de abordar coas familias as cuestións relacionadas cos estilos educativos, a saúde física e psicolóxica, os hábitos e estilos de vida, a prevención do consumo de drogas e o uso e abuso das novas tecnoloxías.
ÁMBITO COMUNITARIO: Dado o elevado consumo de substancias psicoactivas no nosa contorna, a comunidade en xeral debe implicarse e participar en iniciativas preventivas que permitan a redución da prevalencia dos consumos de drogas (Programa de prevención universal para a poboación xeral, Programa de deshabituación progresiva do consumo de tabaco, folletos informativos sobre os riscos dos consumos de drogas, entre outros).
ÁMBITO LABORAL: Os datos proporcionados polo último estudo de ámbito estatal realizado en España para coñecer a incidencia do consumo de drogas no ámbito laboral sinala a existencia dunha elevada prevalencia do uso das distintas substancias entre a poboación traballadora. Polo que dende o Proxecto de prevención das condutas adictivas no eido local levaranse a cabo actividades dentro do programa Ao alcance, que se aplicará co alumnado dos cursos AFD, dos obradoiros de formación e cursos formativos dos catro concellos.

O contacto coa especialista encargada da aplicación do Proxecto de prevención das condutas adictivas para solicitude de información sobre a temática realizarase a través de:
Os Servizos Sociais dos Concellos de Barro, Cuntis, Moraña e Portas, ou directamente no Centro de Formación Ocupacional A RAN, Polígono Industrial A Ran S/Nª Cuntis (Tlf.: 695579800).

Deixa unha resposta

O Tempo en Moraña

Enlaces Destacados

Recollida Selectiva e Reciclaxe Centro de Investigación e Divulgación do Patrimonio Cultural Telefonos de Interese Plan Urbanístico Novo Plan Xeral Perfil do Contratante Plan Operativo de Promoción da Saúde e Prevención de Drogodependencias Oficina Virtual do Oral Programa de Prevención e Redución do Abandono Escolar Plan Concellos DEPO 2017