Buscar...

10 OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL

Compartir

Hoxe 10 de outubro conmemórase en todo o mundo o DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL.

A pandemia tivo un gran impacto na saúde mental das persoas, facendo máis visible se cabe a necesidade de ampliar os servizos públicos de prevención e atención á saúde mental. Dende a OMS, a través do lema ATENCIÓN DE SAÚDE MENTAL PARA TODAS E TODOS: FAGÁMOLA REALIDADE preténdese dar maior visibilidade á SAÚDE MENTAL, e concienciar sobre a importancia da inversión en Servizos públicos de saúde mental de calidade.
Dende o Concello de Moraña sumámonos a esta iniciativa impulsada pola OMS e por outros organimos gubernamentais resaltando a importancia da saúde mental da poboación. Pretendendo con esta data visibilizar os trastornos mentais, para xerar así, estratexias que sirvan de apoio ás persoas e lles permitan, a través de servizos públicos de calidade, previr, sobrelevar ou curar a súa enfermidade.
Materiais campaña OMS sobre a depresión: https://www.who.int/es/campaigns/world-mental-health-day/2021/campaign-materials

Seguinte

Accesibilidade