Buscar...

Escolas Deportivas de Moraña

Compartir


Dona Mónica Monteagudo Gamallo, alcaldesa en funcións do Concello de Moraña, informa que dende o Concello se ofertarán as seguintes actividades:
ESCOLAS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE MORAÑA
PATINAXE MOTRICIDADE
BALONMÁN JUDO
AEROBIC MULTIDEPORTE
DEPORTE E DISCAPACIDADE
Nas escolas poderán participar todos os nenos e nenas de idades comprendidas entre os 5 e 16 anos.
As escolas de Patinaxe, Balonmán e Judo estarán subvencionadas pola Deputación de Pontevedra.
XIMNASIA DE MANTEMENTO
Para persoas maiores de 60 anos
PRAZO DE INSCRICIÓN: ATA O 15 DE OUTUBRO DE 2012
As actividades realizaranse no Pavillón e serán gratuítas. Todas as persoas que desexen anotarse poden dirixirse á Biblioteca Pública Municipal (a partir do 25 de setembro) ou ó Pavillón Municipal de Deportes.
Moraña, 12 de setembro de 2012
A ALCALDESA EN FUNCIÓNS
Mónica Monteagudo Gamallo
Pódese descargar o formulario de inscipción no seguinte vínculo: inscripcion-escolas-dep

Seguinte

Accesibilidade