Buscar...

PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLO/A MENOR A CARGO

Compartir

BANDO

DONA. Mª LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER:

Que a Consellería de Traballo e Benestar, en base a Orde do 30 de decembro de 2014, convoca UNHA PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLO/A MENOR A CARGO.

BENEFICIARIAS/OS:

  • Persoas que teñan o seu cargo fillos/ as menores de tres anos, nados entre 2-01-2012 e o 1-01-2015 e que, durante o ano 2013, nin elas nin ningún membros da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período.

REQUISITOS:

  • Que os proxenitores teñan a sÚa residencia habitual en Galicia.
  • Que á data da solicitude os nenos- as convivan ca solicitante.

DOCUMENT ACIÓN NECESARIA:

  • D.N.I/NIF. da persoa solicitante e do seu cónxuxe ou parella.
  • Fotocopia do libro de familia.
  • Certificado de convivencia de toda a unidade familiar.
  • Copia da sentencia de nulidade, separación ou divorcio, de se-lo caso.

PRAZO DE SOLICITUDES: antes do 14 de marzo de 2015.
Para máis información e trmnitación das axudas deberán acudir á oficina municipal do Servizo Social Comunitario do Concello, os días de atención o público (luns, martes e xoves), en horario de 9 a 13 horas ata o 10 de marzo.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Moraña, 2 de febreiro de 2015.

Pódese descargar este bando en formato PDF aquí: bando-fillo

Seguinte

Accesibilidade