Hoxe 7 de abril, conmemórase en todo o Mundo o DÍA MUNDIAL DA SAÚDE. Cada ano dende o Proxecto de prevención das drogodependencias e outras condutas adictivas no eido local de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas realízanse varias actividades como forma de resaltar a importancia da SAÚDE.
Este ano, polas circunstancias nas que nos atopamos, as actividades non poden ser presencias pero si se poden realizar igualmente grazas as novas tecnoloxías. Por iso propoñemos a toda a poboación e especialmente ás familias dos cinco concellos a participación na actividade XUNT@S CREAMOS SAÚDE.
Esta actividade consiste na realización dun DEBUXO que represente o que entendemos por saúde e os hábitos que a reforzan e melloran. Posteriormente solicitamos o envío desos debuxos scaneados ou en formato fotografía co nome e idade d@s participantes ata o 14 de abril ó mail prevenciondrogodependencias@concellodecuntis.es
Todos os debuxos serán utilizados para a elaboración dunha presentación sobre A SAÚDE que se subirá ás redes Sociais dos cinco concellos e ó blog do Proxecto de prevención nas seguintes semanas.
Animádesvos a participar con nós?
Síguenos nas Redes Sociais