Buscar...

Apertura de Prazo para a Reserva de Lotes XLIX Festa do Carneiro ao Espeto ®

Compartir

O Concello de Moraña, comunica a apertura do prazo para a reserva de lotes para o xantar a celebrar o Domingo, día 29 de xullo de 2018, ás 14 horas, na Carballeira de Santa Lucía de Moraña (Pontevedra), con motivo da celebración da XLIX FESTA DO CARNEIRO Ó ESPETO 2018 ®, declarada festa de interese turístico galego.
O LOTE, suficiente para 20 comensais, inclúe:

  • Un carneiro asado “Ó ESPETO”, de 12 a 14 quilos.
  • Unha empanada de trigo de zorza.
  • Unha empanada de trigo de bacallau con uvas pasas.
  • Catro moletes de pan.
  • Doce botellas de viño tinto da terra “CARNEIRO Ó ESPETO”.
  • Doce botellas de auga mineral.
  • Unha botella de salsa especial “Ajilismójilis” para o asado.
  • Café e augardente.
  • Servizo completo de mesa.

O importe do lote ascende á cantidade de TRESCENTOS (300,00) EUROS.
Reservarase mediante ingreso bancario, indicando como concepto “RESERVA LOTE XLIX FESTA DO CARNEIRO Ó ESPETO 2018”, en calquera das seguintes contas bancarias, a nome do Concello de Moraña, sendo imprescindible indicar nome e apelidos, no de DNI, núm. de teléfono e domicilio de quen fai o ingreso:

  • ABANCA (Sucursal de Moraña.) Teléfono: 986 552800
    ES71 2080 5106 71 3040000732
  • BANCO PASTOR (Sucursal de Moraña.) Teléfono: 986 552801
    ES37 0238 8287 16 0660000173
  • BBVA (Sucursal de Moraña.) Teléfono: 986 553094
    ES58 0182 4425 85 0000001286
  • LA CAIXA (Sucursal de Moraña) Tfno. 986 568940
    ES26 2100 6025 43 0200002140

 
O PRAZO DE RESERVA DE LOTES, QUE SERÁN ADMITIDOS POR RIGUROSA ORDE DE INGRESO BANCARIO, COMEZARÁ O DIA 22 DE XUÑO E REMATARÁ ÁS 14 HORAS DO VENRES, DIA 20 DE XULLO DE 2018, RESERVÁNDOSE A ORGANIZACIÓN O DEREITO DE PECHE DA MESMA EN CALQUERA MOMENTO, POLO QUE É CONVENIENTE REALIZAR A RESERVA COA MAIOR ANTICIPACIÓN POSIBLE.
Moraña, 8 de xuño de 2018
CONCELLO DE MORAÑA

Accesibilidade