Buscar...

APRAZAMENTO DO GRAN DESFILE DE ENTROIDO E DO CONCURSO DE DISFRACES ATA O DOMINGO 10

Compartir

O Concello de Moraña informa que o Gran Desfile de Entroido con concurso de disfraces previsto para este domingo, 3 de marzo, vaise suspender polas malas previsións meteorolóxicas, que dan moitas probabilidades de choiva que poderían deslucir o evento.
Por este motivo, este acto central do Entroido morañés queda aprazado ata o vindeiro domingo, 10 de marzo, data na que se celebrará con total seguridade, xa que, en caso de choiva, trasladaríase ata o pavillón municipal. O evento manterá, dentro dunha semana, o certame cos premios, a actuación da Banda Nova Lira e a degustación de orellas por convite do Concello.

Accesibilidade