Buscar...

Axudas á conciliación da vida familiar e laboral

Compartir

DONA MARIA LUISA PINEIRO ARGOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO
CONCELLO DE MORAÑA.

FAI SABER:

Que a Resoluci6n do 28 de marzo de 2016, da Secretaria Xeral da Igualdade, establece as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliaci6n da vida
familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan a redución da súa xornada de traballo,
cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede a sua convocatoria para o ano 2016.(DOG no 61 do 31/03/2016).
Obxecto: Axudas a conciliació da Vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores e familias monoparentais Que, entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de abril de 2016 inclusive, teñan unha situación de redución da súa xomada de traballo para o coidado de fillos e fillas.
Persoas beneficiarias: Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta convocatoria as persoas fisicas que se acollan a medida de redución de xornada entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de abril de 2016 inclusive, homes e familias monoparentais
Prazo de presenfación: Ata o 30 de abril de 2016,
Para mais informaci6n poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario do Concello. Os dias de atención ó público, luns, martes e xoves de 9 a 13 horas.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Pódese descargar este bando en formato PDF no seguinte enlace: axudas-conciliacion

Accesibilidade