Da María Luisa Piñeiro Arcos, Alcaldesa – Presidenta do Concello de Moraña
FAI SABER: Que a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia convocou as AXUDAS do Programa das iniciativas emprendedoras e de emprego para o ano 2012.
BENEFICIARIOS: Empresas privadas, de nova creación, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e requisitos establecidos na correspondente arde (50% do capital social sexa de titularidade de desempregados que creen o seu propio posta de traballo, un máximo de cinco persoas promotoras, capital social máximo de 120.202€, etc).
TIPOS DE AXUDA
– SUBVENCIÓN A XERACIÓN DE EMPREGO ESTABLE: Mínima de 4.000 e máxima de 6.000 euros (segundo colectivo desempregado contratado) por cada postO de traballo estable de carácter indefinido que se cree, ata un máximo de dez postas.
– SUBVENCIÓN FINANCEIRA: Equivalente, como máximo, á redución de ata catro puntos do xuro fixado pola entidade de crédito que conceda o préstamo, calculado sobre os oito primeiros anos de vixencia, e co límite máximo das contías establecidas no punto anterior.
– SUBVENCION PARA ASISTENCIA TECNICA: Ata o 75% do custo dos servizos recibidos de asistencia técnica cun límite máximo de 12.000 euros polo conxunto das modalidades de asistencia técnica previstas (formación xerencial e/ou estudos e informes externos sobre a actividade: mercado, organizacion, comercialización, diagnose…
– SUBVENCIONPARA O INICIO DE ACTIVIDADE: De 2.400 a 4.800 euros (segundo colectivo desempregado contratado)por cada,emprego subvencionable,ata un máximo de dez
– SUBVENCION PARA A CONCILIACION DA VIDA PERSOAL LABORAL E FAMILIAR DAS PERSOAS PROMOTORAS: Subvención do 75% do custo dos servizos de gardería, ata. un máximo de 3.009 ,euros, para aqueles/as promotores/as que teñan fillos/as
PLAZO XERAL de presentación de solicitudes: 30 de setembro de 2012.
Para solicitudes de subvención á xeración de emprego estable e de subvención financeira polas actuacións realizadas entre o 1 de outubro de 2011 e o 28 de marzo de 2012 o prazo rematará o 30 de abril de 2012. Existen prazos específicos a contar desde a data de solicitude de alta na Seguridade Social ou de inicio da actbvidade empresarial.
Información e Asesoramento: Concello de Moraña /AEDL: 986 553 005
Podedes descargar este bando en pdf aquí
Síguenos nas Redes Sociais