Buscar...

Axudas do Programa de promoción do emprego autónomo para o ano 2012.

Compartir

Dª María Luisa Piñeiro Arcos, Alcaldesa – Presidenta do Concello de Moraña
FAI SABER: Que a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia convocou as AXUDAS do Programa de promoción do emprego autónomo para o ano 2012.
BENEFICIARIOS: Persoas desempregadas que procedan a creación do seu posto de  traballo mediante a súa constitución en traballadores/as autónomos/as ou por conta propia. No caso da subvención pola primeira contratación indefinida poderán ser beneficiarios os autónomos/as ou profesionais xa constituídos.
A convocatoria do programa para o ano 2012, establece os seguintes tipos de axudas:

  • SUBVENCIÓN POLO ESTABLECEMENTO COMO TRABALLADOR/A AUTÓNOMO I OU POR CONTA PROPIA: Oscilará entre 5.000 a 10.000 euros segundo colectivo ó que pertence o promotor.
  • SUBVENCIÓN FINANCEIRA: consistente na redución de ata catro puntos do tipo de xuro do préstamo necesario para constituírse como traballador /a autónomo/a. O límite da subvención financeira pode oscilar entre 5.000 e 10.000 euros segundo colectivo ó que pertence o promotor.
  • AXUDA EXCEPCIONAL para financiar os primeiros gastos da actividade ás persoas desempregadas: oscilará entre 2.000 a 3.600 euros segundo colectivo.
  • SUBVENCIÓN PARA ASISTENCIA TÉCNICA E SUBVENCIÓN PARA FORMACIÓN: 75% do custo da asistencia técnica ou dos cursos recibidos, ata un máximo de 1.000 e 3.000 euros.
  • SUBVENCIÓN POLA PRIMEIRA CONTRATACIÓN: Oscilará entre 2.000 e 6.000 euros segundo colectivo ó que pertence o traballador contratado.

PRAZO XERAL de presentación de solicitudes: 30 de setembro de 2012.
Para actuacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2011 e o 20 de xaneiro de 2012 será o 30 de marzo de 2012. Existen prazos específicos a contar dende a data de solicitude de alta na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, inicio da relación laboral ou transformación do contrato temporal en indefinido.
Información e asesoramento: Concello de Moraña (986 553 005)
Podedes descargar este bando en pdf aquí: Axuda autónomos

Accesibilidade