D. JOSÉ A. EIRAS PAZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAISABER:
Que a Consel1ería de Traballo e Benestar en base a Orde do 17 de febreiro de 2011, establece as bases reguladoras que rexerán a concesión de AXUDAS INDIVIDUAIS DESTINADAS Á PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E A ACCESIBILIDADE.
BENEFICIARIOS:
a) Persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia polo órgano de valoración da dependencia nos graos III e II , niveis 1 e 2.
b) Persoas que teñan solicitado o recoñecemento da súa situación de dependencia con anterioridade á data de publicación desta convocatoria. Neste caso, o dereito á percepción da axuda quedará condicionada a que 11es sexa recoñecida a situación de dependencia en calquera dos graos e nives anteriores.
– DOCUMENTACIÓN NECESARIA:
– D.N.I. do solicitante e, se é o caso, do representate legal.
– Presuposto detallado do gasto que se vai a realizar.
– Recoñecemento do grao e nivel de dependencia.
PRAZO DE SOLICITUDES: Ata o 25 de abril de 2011.
Para máis información e tramitación das axudas deberán acudir ás oficinas municipais do Concello, en horario de 9 a 13 horas.
O que se faí público para xeral coñecemento.
Síguenos nas Redes Sociais