Buscar...

Axudas para a adquisición de libros de texto e material didáctico

Compartir

DONA MARÍA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA
FAI SABER:
Que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Xunta de Galicia) ven de convocar axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial en centros sostidos con fondos públicos da comunidade autónoma de galicia, no curso escolar 2012-2013.
As solicitudes entregaranse nos centros docentes en que estea matriculado o alumnado, presentándose unha solicitude por cada alumno/a matriculados.
Prazos de presentación de solicitudes:
1. Alumnado de educación primaria e educación especial: do 2 de xuño ao 2 de xullo de 2012.
2. Alumnado de educación secundaria obrigatoria (con matrícula formalizada no prazo ordinario): do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2012.
3. Alumnado de educación secundaria obrigatoria (con matrícula formalizada no prazo extraordinario): do 1 de setembro ao 1 de outubro de 2012.
4. Para novas incorporacións de alumnado ao longo do curso: Un mes a partir do día seguinte 00 da formalización da matrícula. Data límite do 31 de marzo de 2013.

Accesibilidade