Buscar...

Axudas para o fomento da Silvicultura e para a prevención de ataques do lobo ao gando.

Compartir

Dona MARIA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER: Que a Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia) convocou as seguintes
AXUDAS PARA O FOMENTO DA SILVICULTURA
BENEFICIARIOS: Comunidades de montes veciñais en man común, propietarios particulares, etc.
ACTUACIÓNS FORESTAIS SUBVENCIONABLES: Rareas en masas de coníferas (pino) con diámetro normal medio de masa inferior a 12 cm. Rozas previas ás podas, e podas en masas de coníferas (pino).
Tratamentos silvícolas en masas de frondosas, caducifolias, sobreiras e aciñeiras con diámetro
normal medio da masa comprendido entre os 10 e os 20 cm.
Rexeneración e/ou mellara de soutos de castiñeiros cunha densidade mínima de 100 pés/ha. Tratamentos silvícolas en masas de eucaliptos có obxectivo de obter madeira de calidade para sena ou chapa, en quenda de 25 anos.
IMPORTES DAS AXUDAS: A intensidade da axuda será como máximo do 50%, calculándose a axuda sobre o custo real do investimento determinado no correspondente proxecto técnico.
PRAZO: O prazo de presentación de solicitudes remata o 6 de febreiro de 2012
AXUDAS PARA A PREVENCIÓN DE ATAQUES DO LOBO AO GANDO
BENEFICIARIOS:
Gandeiros con explotación s das especies ovina, vacúa, cabrúa e de porco celta, que teñan o gando identificado e saneado de acordo coa normativa aplicable para o efecto e que acrediten a súa inclusión no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES: Adquisición de pastores eléctricos e cans mastíns, o emprego de curros con malla electrificada e a instalación de cercados con malla ovelleira e postes de madeira tratada.
IMPORTES DAS AXUDAS: As axudas concedidas poderán cubrir, a totalidade do custo de adquisición das actuacións obxecto de axuda (non será subvencionable o IVE, o transporte de
materiais, nin man de obra para a instalación e mantemento dos pastores eléctricos e todos aqueles que figuren no artigo 29 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia como non subvencionables)
PRAZO: O prazo de presentación de solicitudes remata o 28 de xaneiro de 2012.
Podedes descargar este bando en pdf aquí: Axudas Silvicultura e prev ataq lobo.pdf

Accesibilidade