BANDO
DONA Mª LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER:
Que o Concello de Moraña abre o prazo de matrícula para o curso 2018-2019 da Escola de Música Municipal de Moraña. A matrícula deberá facerse no concello en horario de 9 a 15 horas. O prezo será o seguinte:
Matrícula por curso escolar: 50 Euros. Mensualidades para os nenos e nenas de Música e Movemento(Dúas clases semanais de 45 minutos cada unha): 20 Euros. Mensualidades para os nenos e nenas de Instrumento: 40 Euros.
As clases de instrumento constarán de:
PRAZO PARA MATRICULARSE: Do 25 de xuño ó 10 de xullo. Prazas limitadas.
Para máis información poden dirixirse á Casa de Cultura A.D.R. Castelao ou chamar ó teléfono 986 55 28 09.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Aquí deixamos o formulario de matrícula: MATRICULA 2018-2019
Síguenos nas Redes Sociais