FAI SABER
MARÍA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA.
AXUDAS Á MOCIDADE PARA COMPRA DE VIVENDA
Programa de axudas dirixido a facilitar ás persoas mozas o acceso a unha vivenda en réxime de propiedade localizada nun municipio de pequeno tamaño, mediante a concesión dunha subvención directa para a súa adquisición.
CONTÍA DAS AXUDAS:
Ata 10.800 euros por vivenda (límite do 20% do prezo da vivenda)
CONDICIÓNS DE ACCESO:
• Moz@s de entre 18 e 35 anos
• Ingresos anuais:
- Iguais ou inferiores a 3 veces o Indicador Público de Renda de EfectosMúltiples (IPRE
- Catro (4) veces o IPREM para familias numerosas ou unidades deconvivencia con persoas con discapacidade
- Cinco (5) veces o IPREM para familias numerosas de categoría especial ou unidades de convidencia con persoas con graves discapacidades.
• En Concellos de menos de 5.000 habitantes.
• Cando o prezo da vivenda xa construída sexa inferior a 100.000 €.
SOLICITUDES:
O prazo de presentación remata o 31 de outubro.
Para máis información:
- Consultar o Diario Oficial de Galicia núm. 8, do 11 de xaneiro de 2019.
- Instituto Galego de Vivenda e Solo, sito na rúa Alcalde Hevia, 7 -Pontevedra
O que se fai público para xeral coñecemento.
MORAÑA, 14 de xaneiro de 2019
Pódese descargar este bando en PDF aquí:
20190114_BANDO AXUDAS COMPRA VIVENDA MOCIDADE
Síguenos nas Redes Sociais