Buscar...

BANDO: Axudas Bono Coidado

Compartir

BANDO

DONA Mª LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER:

A Xunta de Galicia, no marco da actual crise sanitaria do Covid-19, vén de publicar senllas ordes para a concesión de axudas no eido social destinadas a favorecer a conciliación laboral das familias nesta situación ante o peche provisional de escolas infantís e outros servizos por razóns de seguridade sanitaria.

 Orde de 11 de xuño de 2020 da Consellería de Política Social pela que se establecen as bases das axudas ás familias con nenas e nenes de ata 12 anos de idade para a conciliación na situación xenerada polo Covid-19 a través do BONO COIDADO EXTRAORDINARIO. (DOG 12 de xuño de 2020).

Destinase a familias con nenes nades con posterioridade ao 31 de agosto de 2007 e que non superen os 2.500€ mensuais de rendementos netos ou, de rebasalos, que non sexan superiores a 806€ per cápita. Oriéntase á contratación de servizos de atención á infancia a domicilio, dunha persoa empregada do fogar para coidar aos cativos ou o pase a excedencia ou redución de xornada dalgún dos proxenitores. A axuda poder alcanzar ata o 100% do custo cun límite máximo de 500€ MENSUAIS por cada unidade familiar beneficiaria.

O prazo de solicitude remata o próximo 13 DE XULLO.

Resolución de 5 de xuño de 2020 da Secretaría Xeral de lgualdade pela que se establecen as bases que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral por redución da xornada de traballo. (DOG 12 de xuño de 2020).

Destínase a persoas que, entre o 1 de xullo de 2019 e o 30 de xuño de 2020, se acollan á medida de redución de xomada para o coidado dun tillo menor de 3 anos ou de 12 no suposto de que padeza algunha discapacidade. O período máximo subvencionable é de cito meses e as contras dependerán da porcentaxe de redución da xomada e da cifra de tillos a cargo, osci lando entre os 1.700 e os 3.700€.

O prazo de solicitude remata o próximo 13 DE XULLO.

Para recabar máis información ou recibir asesoramento pode acudir ao Concello de Moraña, con cita previa, ou chamar ao teléfono 986 553 005.

Descargar este Bando en formato PDF.

Seguinte

Accesibilidade