Buscar...

Bando: DESPREGUE 4G NA BANDA DE 800 MHZ

Compartir

 BANDO 

MARÍA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA. 

FAI SABER: 

DESPREGUE 4G NA BANDA DE 800 MHZ 

Como consecuencia da implantación das redes 4G por parte dos operadores móbiles neste Concello, pode verse afectada a recepción da sinal da Televisión Dixital Terrestre (TDT) nalgunhas zonas do termo municipal.

Todo o que se considere afectado, pode chamar ao teléfono gratuíto 900.833.999 ou na páxina web www.llega800.es 

Calquera labor de acondicioamento que se realice por parte dos técnicos que se despracen aos domicilios afectados, non suporá custo algún para o usuario. 

O que se fai público para xeral coñecemento.

MORAÑA, 15 de xaneiro de 2016

A alcaldesa

María Luisa Piñeiro Arcos

Pódese descargar este bando en PDF aquí: bando redes 4G

Seguinte

Accesibilidade