BANDO
MARIA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORANA.
FAI SABER
Que de conformidade co disposto no artigo 39.2, da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral modificado polo Real Decreto 1799/2003, do 26 de decembro; expóñense ao público as LISTAS PROVISIONAIS DO CENSO ELECTORAL, durante o prazo comprendido entre o 8 e o 15 de AGOSTO de 2016, ámbolos inclusive.
Por isto interésase a tódolos electores, especialmente os que cumpriron recentemente 18 anos e os que cambiaron de domicilio nos últimos meses, que comproben á súa inscrición nas citadas listas, co fin de evitar prexuízos no momento de exercitar o seu voto nas ELECCIONS AO PARLAMENTO DE GALICIA, que terá lugar o vindeiro día 25 de setembro de 2016.
Durante o citado período de exposición pública poderán formularse reclamacións, polo propio interesado, ás cales deberase acompañar fotocopia do DNI, nas oficinas municipais de 9 a 14 horas.
O que se comunica para xeral coñecemento.
Pódese descargar este bando en formato PDF aquí: bando
Síguenos nas Redes Sociais