Buscar...

BANDO: Protocolos e medidas obrigatorias de comunicación e control referidas á chegada de persoas á nosa comunidade

Compartir

MARÍA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER

A Xunta de Galicia, no marco da actual crise sanitaria da Covid-19, vén de publicar o martes 28 de xullo no DOG unha orde referida aos protocolos e
medidas obrigatorias de comunicación e control referidas á chegada de persoas á nosa comunidade procedentes doutros territorios.

  • Esta medida afecta a todas as persoas que, nos catorce días naturais á chegada a Galicia, experimentaran algúns dos síntomas máis comúns compatibles coa Covid-19 e que deberán permanecer no seu domicilio ou lugar de aloxamento e comunicalo ao Sergas no prazo máis breve posible. Os residentes en Galicia poderán facelo a través do seu médico de cabeceira e os non residentes a través do teléfono 881 00 20 21.
  • Tamén se dirixe a aquelas persoas que estiveran, dentro dos catorce días naturais á súa chegada, nalgún territorio cunha alta incidencia da Covid-19 en
    comparación coa existente en Galicia ou dos que non se dispoña información ou datos fiables. Así, no prazo máximo de 24 horas dende a súa chegada terán
    que comunicar os seus datos de contacto e estadía a través do formulario dispoñible en https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros ou no número de teléfono
    881 00 20 21.
  • Cómpre sinalar que os territorios afectados por esta medida, ben outras comunidades autónomas ben países estranxeiros, publicaranse no DOG e na
    web do Sergas cunha actualización periódica de alomenos cada quince días.
  • Así mesmo, os establecementos de aloxamento turístico deben informar as persoas usuarias de esta obriga, o igual que as empresas que desenvolvan a
    súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia deberán informar da dita obriga aos seus traballadores que cheguen ao noso territorio despois de ter
    estado, por motivos laborais, dentro do período de catorce días naturais previo á súa chegada, nos lugares anteriormente citados de alta incidencia da Covid-
    19.

Os datos que deben comunicarse serán nome e apelidos, DNI, territorio de procedencia, número de teléfono, enderezo electrónico, data de chegada e saída
a Galicia e enderezo do lugar de estadía.

Para máis información, pode contactarse co Concello de Moraña a través do número de teléfono 986 55 30 05.

MORAÑA, 30 de xullo de 2020

Pódese descargar este Bando en formato PDF aquí: 20200730_COVID-19- PERSOAS QUE CHEGAN A GALIZA

Accesibilidade