MARÍA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA. FAI SABER:
RESINTONICE O SEU TELEVISOR
Se estes días deixa de ver algunha canle de televisión resintonice o seu televisor. Estanse a realizar actuacións nos centros emisores de televisión da zona con motivo da liberación do Segundo Dividendo Dixital, o que implica un cambio de canles de televisión e a necesidade de resintonizar o seu televisor para seguir desfrutando da súa programación preferida.
Para máis información chame ao seu concello 986 553 005, ou á Oficina do Dividendo Dixital en Galicia: 881 866 388.
O que se fai público para xeral coñecemento.
MORAÑA, 25 de xuño de 2019
A alcaldesa
Síguenos nas Redes Sociais