Buscar...

BANDO: Tarxeta Moedeiro para persoas e familias vulnerables

Compartir

BANDO
DONA Mª LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER:

Logo da sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Cruz Vermella Española en Galicia, iniciouse a execución dun programa extraordinario de axudas económicas para a cobertura de necesidades básicas á poboación en situación de vulnerabilidade ocasionada pela COVID-19, articulado a través de tarxetas-moedeiro para a adquisición de produtos de alimentación, hixiene e farmacia.
A utilización destas tarxetas estará limitada aos establecementos que, de acorde coa Clasificación Nacional de Actividades Económicas vixente (CNAE 2009), se dediquen ao comercio ao por menor de produtos de alimentación, hixiene e farmacia.

Persoas beneficiarias do programa:

As persoas e familias residentes en Galicia que se atopan en situación de vulnerabilidade económica, ben porque carecen de ingresos efectivos, ou ben porque os ingresos da unidade de convivencia non acadan o importe que lle correspondería en concepto de tramo persoal e familiar de RISGA, de acorde coas contías establecidas para o ingreso mínimo e os complementos familiares, e non son perceptoras de prestacións económicas regulares de periodicidade mensual (RISGA, PNC, IMV, RAI, prestacións por desemprego … )

Contía das axudas económicas:

As tarxetas-moedeiro cárganse con distintos importes de axuda económica en función do número de persoas integrantes da unidade familiar (1, 2 ou 3 ou mais):

Solicitudes:

As solicitudes da tarxeta-moedeiro tramitaranse, con carácter xeral, pelas empregadas dos servizos sociais comunitarios municipais.
Para recabar máis información ou recibir asesoramento pode acudir ao Concello de Moraña, con cita previa, ou chamar ao teléfono 986 553005.

Pódese descargar este Bando en formato PDF.

Accesibilidade