Buscar...

Bando "Xuntos Polo Nadal"

Compartir

BANDO

DONA. MARÍA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA. 

FAI SABER: 

Que a Consellería de Política Social organiza o “PROGRAMA XUNTOS POLO NADAL 2015”, para persoas maiores que, valéndose por si mesmas vivan soas e non teñan con quen pasar estas datas do Nadal.

DATAS DE CELEBRACIÓN: Do 23 de decembro de 2015 ó 2 de xaneiro de 2016.

REQUISITOS:

  • [Ser maior de 60 anos (telas cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes).
  • Estar empadroado nalgún dos concellos galegos.
  • Ter que pasar só/a as datas do Nadal.
  • Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto – contaxiosa activa nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia
  • Non estar acollido/a en ningún centro residencial.

As persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM (532,51 euros/mes), asistirán de forma gratuita ao programa, mentres que aquelas cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pagamento da estadía coa achega de 50 €. Os gastos de desprazamento serán por conta da persoa participante, dende o domicilio ata os lugares de saída.

PRAZO DE SOLICiTUDE: 

As solicitudes deberán presentarse antes do 20 DE NOVEMBRO DE 2015 nos Servizos Sociais do Concello.

Tódalas persoas que desexen máis información e face-las correspondentes solicitudes, poden dirixirse ás Oficinas Municipais do Servizo Social Comunitario, os días de atención ó público, luns, martes e xoves de 9 a 13 horas.

Moraña, a 9 de Novembro de 2015.

A Alcaldesa

Pódese descargar este Bando en formato PDF aquí: BANDO XUNTOS POLO NADAL

Accesibilidade