Buscar...

Campamentos de Verán na Lanzada

Compartir

DONA. MARIA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER:
Que a Deputación Provincial en colaboración co Concello de Moraña convoca a concesión de prazas para participar no “PROGRAMA CAMPAMENTOS DE VERÁN-“CENTRO DE VACACIÓNS A LANZADA, 2012”.
O desenvolvemento do Programa efectuarase en once turnos cunha duración de sete días nas instalacións do Centro de Vacacións A Lanzada.
REQUISITOS:
– Rapaces e rapazas que teñan o seu domicilio no Concello de Moraña.
– Que naceran entre os anos 1999 e 2004.
As solicitudes, xunto coa documentación correspondente, poderán presentarse:
– Ata odia 22 DE MARZO DE 2012.
Para mais infonnación poden dirixirse ó Servizo Social de Atención Primaria do Concello, os días de atención ó público, luns, martes e xoves de 9 a 13 horas.
O que se fai público para xeral coñecemento.
——————————————————————————————————
Dona. Ma Luisa Piñeiro Arcos, Alcaldesa Presidenta do Concello de Moraña informa que a Excelentísima Deputación Provincial de Pontevedra sacou as bases para a programación dos campamentos de verán nas instalacións do Centro de Vacacións A Lanzada.
Os destinatarios/as deste programa serán rapaces e rapazas que teñan o seu domicilio habitual no concello no que se solicita praza e nados entre os anos 1999 e 2004.
As datas das quendas dos campamentos serán:

  • 1ª Quenda. Incorporación o día 24 de xuño entre as lOe as 11 horas, peche o día 3 O de xuño ás 10 horas.
  • 2ª Quenda. Incorporación o día 1 de xullo entre as 10 e as 11 horas, peche o día 7 de xullo ás 10 horas.
  • 3ª Quenda. Incorporación o día 8 de xullo entre as 10 e as 11 horas, peche o día 14 de xullo ás 10 horas.
  • 4ª Quenda. Incorporación o día 15 de xullo entre as lOe as 11 horas, peche o día 21 de xullo ás 10 horas.
  • 5ª Quenda. Incorporación o día 22 de xullo entre as 10 e as 11 horas, peche o día 28 de xullo ás 10 horas.
  • 6ª Quenda. Incorporación o día 29 de xullo entre as lOe as 11 horas, peche o día 04 de agosto ás 10 horas.
  • 7ª Quenda. Incorporación o día 05 de agosto entre as lOe as 11 horas, peche o día 11 de agosto ás 10 horas.
  • 8ª Quenda. Incorporación o día 12 de agosto entre as lOe as 11 horas, peche o día 18 de agosto ás 10 horas.
  • 9ª Quenda. Incorporación o día 19 de agosto entre as lOe as 11 horas, peche o día 25 de agosto ás 10 horas.
  • 10ª Quenda. Incorporación o día 26 de agosto entre as 10 e as ] 1 horas, peche o día 01 de setembro ás 10 horas.
  • 11ª Quenda. Incorporación o día 02 de setembro entre as 10 e as 11 horas, peche o día 08 de setembro ás 10horas.

O prezo por neno ou nena será de 34 €.
O prazo de presentación das solicitudes e documentación será ata o 22 de marzo.
Podedes descargar este bando no seguinte vínculo: Campamentos Lanzada 2012

Accesibilidade