DONA MARÍA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA PRESIDENTA DO
CONCELLO DE MORAÑA.
INFORMA:
Que a Excelentísima Deputación Provincial de Pontevedra sacou as bases para a programación dos Campamentos Polideportivos Príncipe Felipe para o ano 2018.
As persoas destinatarias deste programa serán rapaces e rapazas que teñan o seu domicilio habitual no concello no que se solicita praza e nacidos entre os anos 2004 e 2011, ambos os dous incluídos.
As datas das quendas dos campamentos serán :
O campamento incorpora actividades lúdicas , como saídas ao medio natural , tiro con arco, actividades acuáticas ou obradoiros.
O prezo por neno -a será de 125€ por neno- nena.
O prazo de presentación de solicitudes e documentación será ata o día 23 de marzo de 2018, no Rexistro xeral da Deputación Provincial de Pontevedra .
Para máis información poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario do Concello , en horario de 9:00 a 13:00 h.
Síguenos nas Redes Sociais