Buscar...

Campaña de Recollida de Xoguetes 2012

Compartir

A Concellería de Igualdade, Benestar Social, Sanidade e Emprego do Concello de Moraña lanza unha Campaña de Recollida de Xoguetes para nenos e nenas necesitados de Moraña.
Os xoguetes que se queiran donar poden ser novos ou estar usados pero en bo estado.
A campaña de recollida desenvolverase ata o 20 de Decembro, podendo deixalos na Casa de Cultura A.D.R. Castelao de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.
¡Contamos coa vosa colaboración para esta boa causa!
Pódese descargar o cartel desta campaña no seguinte vínculo: CAMPAÑA RECOLLIDA XOGUETES NENOS MORAÑA 2012

Seguinte

Accesibilidade