Buscar...

Curso Celga de Galego

Compartir

BANDO
CONVOCATORIA DE CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E CURSOS PREPARATORIOS PARA OS CELGA
D. JOSÉ EIRAS PAZ ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MORANA
FAI SABER QUE
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, anuncia, con carácter voluntario e gratuito, cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para particulares (adultos) e colectivos de Galicia, no ano 2011 (ED104B).
DESTINATARIOS.
a) Particulares que desexen participar nalgún dos cursos que figuran no anexo III desta convocatoria.
b) Colectivos, entidades e/ou asociacións que desexen organizar cursos de lingua galega e que conten cun mínimo de 20 persoas preinscritas para participar nos cursos (nome, apelidos e número de DNI/pasaporte).
SOLICITUDES PARA PARTICIPAR OU ORGANIZAR CURSOS. As persoas interesadas e os colectivos, entidades e/ou asociacións formularán as solicitudes de acordo aos modelos de solicitude que figuran como anexo I (para particulares-adultos) e anexo II (para entidades ou colectivos), respectivamente.
As solicitudes dirixiranse aos gabinetes provinciais de normalización lingüística da provincia que corresponda. Presentaranse preferentemente no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou nas oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme o Decreto 164/2005, do 16 de xuño (DOG do 24 de xuÒo), segundo o disposto no artigo 38º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Os colectivos, entidades e/ou asociacións e persoas interesadas en xeral dispoñen dun formulario na web www.xunta.es/linguagalega que permite cubrir e editar a solicitude.
PRAZO DE PRESENTACIÓNN DE SOLICITUDES. Establécese como data límite para a presentación de solicitudes o día 28 de febreiro de 2011
Morana, 20 de xaneÌro de 2011
JOSE A. EIRAS PAZ
Descargar o documento en PDF aquí.

Accesibilidade