Buscar...

Día Mundial contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas.

Compartir

Hoxe 26 de xuño, o Concello de Moraña quere sumarse á conmemoración do Día Mundial contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas.
Dende a oficina de Nacións Unidas contra a droga e o delito (UNODC), establécese o 26 de xuño como data para resaltar a importancia das accións encamiñadas a acadar o obxectivo dun mundo libre do uso indebido de drogas. Apostando pola prevención das condutas adictivas, como estratexia fundamental para fomentar a saúde e o benestar da comunidade.
Este ano 2025, o lema da campaña da ONU é “Rompamos o ciclo. Para o crime organizado”. Preténdese, con esta campaña, sensibilizar sobre os efectos negativos que o tráfico e consumo de drogas xera en todo o mundo,
provocando un problema global de saúde pública que afecta a toda a sociedade e, en especial, a xuventude.
Seguindo estas directrices, o Concello de Moraña conta, dende o ano 2007, cun Proxecto de prevención das condutas adictivas, que se continuará desenvolvendo, a través do Convenio de colaboración entre os Concellos de Cuntis, Barro, Moraña e Portas para o desenvolvemento do Proxecto de prevención das condutas adictivas no eido local no período 2025-2028 (contando coa cooperación da Consellería de Sanidade), co que o Concello de Moraña reafirma a súa aposta pola saúde pública e a prevención das condutas adictivas; realizando accións preventivas nos principais ámbitos de socialización: escolar, familiar, xuvenil e comunitario.

Accesibilidade