Buscar...

Día mundial sen Alcol

Compartir

O 15 de novembro celébrase o día Mundial sen Alcohol co que,dende a OMS (Organización Mundial da Saúde),inténtase concienciar á poboación sobre as graves consecuencias do consumo de alcol, procurando así, aumentar o coñecemento da poboación sobre os riscos do alcol e promover un maior control do seu consumo, sobre todo entre os/as xoves.

Por este motivo, dende o Programa de Prevención das drogodependencias e outras condutas adictivas de Moraña deséxase recordar a todos os veciños/as que o alcol é unha droga que causa serias repercusións na saúde física, mental e social das persoas, en especial dos/as adolescentes (dano cerebral, problemas de memoria, adicción e dependencia, varios tipos de cancro, problemas familiares, accidentes de tráfico, violencia, etc.)

Os últimos datos reflexan unha pequeña redución do consumo intensivo de alcol en menores de idade (14-18 anos), aínda que a súa prevalencia segue sendo elevada: casi oito de cada dez escolares bebeu alcol algunha vez (ESTUDES 2014/2015). Estos datos deben facer que se continúe cos esforzos encamiñados a previr o consumo de alcol en menores de idade, xa que é importante que se tome conciencia dos riscos sanitarios e sociais que conleva o consumo excesivo de alcol, sobre todo entre os menores de idade, cuxo organismo aínda se atopa en desenvolvemento.

Por todo o antes sinalado, dende o Programa de Prevención das drogodependencias e outras condutas adictivas realízanse unha serie de acción encamiñadas a evitar calquera tipo de consumo de bebidas alcohólicas por parte de menores de idade (Intervencións preventivas e de sensibilización/información sobre drogas en xeral e particularmente sobre o alcol no ámbito escolar, familiar, xuvenil e comunitario). A través de ditas acción preténdense acadar os seguintes obxectivos:

  • Fomentar hábitos de vida saudables que inclúan o rexeitamento do consumo de alcohol por parte dos menores de idade, así como a modificación de actitudes e comportamentos da sociedade.

  • Limitar o acceso de menores de idade ás bebidas alcólicas.

  • Mellorar a calidade da información sobre o alcol.

  • Aumentar os coñecementos da poboación sobre os riscos do alcol.

  • Organizar e participar en actividades de ocio alternativo e saudable.

Para acadar os obxectivos antes sinalados debemos ter en conta que a responsabilidade de controlar o consumo de bebidas alcohólicas nos menores de idade é de toda a sociedade. Polo tanto, todos/as debemos poner o noso gran de area fronte a esta problemática. Por iso, dende o Programa de Prevención das drogodepedencias e outras condutas adictivas de Moraña, apelamos á responsabilidade da poboación en xeral e particularmente dos comerciantes, e transmitímoslles que temos que ter presente que está prohibida a venta, suministro e dispensación de bebidas alcohólicas ós menores de 18 anos(Lei 11/2010, do 17 de decembro, de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade.).

A ALCALDESA

Asdo.: Dna. María Luisa Piñeiro Arcos 

Accesibilidade