Buscar...

Nota Informativa sobre o Programa de Prevención e Redución do Abandono Escolar

Compartir

O Concello de Moraña vai levar a cabo un PROGRAMA DE PREVENCIÓN E REDUCIÓN DO ABANDONO ESCOLAR coas seguintes actividades:
REFORZO EDUCATIVO: actividade dirixida ó alumnado de 3º e 4º da ESO que presente carencias educativas nas materias instrumentais realizando o correspondente reforzo educativo co obxectivo de superalas na convocatoria de setembro.
ESCOLA PARA ADULTOS: actividade dirixida a mozos/as de 16 a 24 anos que non teñen o título de graduado en ESO co obxectivo de acadar a mencionada titulación.
Este programa realizarase dende a segunda semana de xuño ata a primeira de setembro. As actividades serán totalmente gratuítas. As sesións impartiranse na Casa da Cultura “A.D.R. Castelao” dous días á semana, cunha duración de dúas horas cada día por actividade, cun máximo de 20 participantes en cada unha delas, os cales serán seleccionados por rigorosa orde de inscrición.
A inscrición farase nas oficinas municipais ou chamando ó teléfono do Concello de Moraña (986 55 30 05), de luns a venres, en horario de 9:00 a 15:00 h, contactando co axente de emprego e desenvolvemento local.
Poderase consultar o programa das actividades durante este período na páxina web do Concello de Moraña: www.morana.org
Podedes descargar o cartel informativo aquí: Prev Aban escolar Moraña 2012

Seguinte

Accesibilidade