Buscar...

Escola de Idiomas AEVU en Moraña

Compartir

O Concello de Moraña colabora con AEVU (ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS ULLA-UMIA) na posta en funcionamento, o vindeiro curso 2012-2013 (outubro-maio), dunha ESCOLA DE IDIOMAS para impartir inglés, francés e alemán, de cara a potenciar a formación en idiomas entre a poboación local, xa que o nivel de coñecemento doutros idiomas no noso país non alcanza os estándares que se dan
noutros lugares de Europa.
Esta escola de idiomas vai dirixida tanto a nenos/as como a adultos.
O WATERFORD CENTRO DE IDIOMAS, responsable da impartición, conta cunha grande experiencia e oferta unha interesante relación calidade–prezo.
O WATERFORD CENTRO DE IDIOMAS é examinador oficial de Trinity College London, preparando os alumnos para a obtención dos certificados PET, FIRST, ADVANCED e PROFICIENCY de Cambridge University. Estes exames avalían o nivel das habilidades tanto orais como escritas do alumnado e están recoñecidos en todo o mundo, polo que os nenos poden presentarse a estes exames a partir dos 7 anos no caso de Trinity College e máis adiante no caso de Cambridge University. Así mesmo, ao remate do curso escolar o Centro expedirá un diploma.
En canto ao horario, os grupos terán horarios de mañá/tarde/noite de acordo coa demanda.
Co fin de informar en profundidade sobre esta Escola de Idiomas e comezar coa inscrición do curso 2012-2013, convócase a todos os interesados á presentación do proxecto, que terá lugar o 26 de setembro ás 20:30 horas na Casa da Cultura A.D.R. Castelao.
Pódese descargar esta nova en pdf aquí: ESCOLA IDIOMAS AEVU MORAÑA

ANEXO

No seguinte vínculo queda para a descarga a folla de matrícula para a Escola de Idiomas AEVU de Moraña. Unha vez descargada e debidamente cuberta, debe ser entregada na Casa de Cultura A.D.R. Castelao a Luisa no horario da biblioteca (10:00 a 13:00 e 16:00 a 21:00).
Matricula Escola Idiomas AEVU Moraña

Accesibilidade